21/06/15

A base lega do bloqueo naval a Faixa de Gaza




Por Ruth Lapidoth
Profesora Emérita de Dereito Internacional da Universidade Hebrea de Xerusalén


- As relacións entre Israel e Hamas teñen o carácter de conflito  armado. Hoxe non se necesita ningunha declaración de guerra formal. Xa que logo, aplícanse as regras de conflito armado. Isto significa que, Israel, pode controlar o tráfico marítimo con rumbo a Gaza (mesmo cando as embarcacións están en altamar).

- As regras de guerra naval non foron, na súa totalidade,  codificadas nun tratado e son normas de costume de natureza vinculante. Pódense atopar en importantes manuais das armadas occidentais (en particular de EEUU e Gran Bretaña) e no Manual de San Remo, preparado por un grupo internacional de expertos.

- Co obxecto que sexa legal, un bloqueo ten que ser declarado e anunciado, de maneira efectiva e non discriminatoria, e debe permitir a pasaxe de asistencia humanitaria á poboación civil. Ademais, o Manual de San Remo (1994) inclúe dúas condicións: primeiro, o Estado que aplica o bloqueo debe decidir onde e cando e a través de que porto a axuda debería chegar á costa. Ademais, o Estado pode requirir que, na costa,  unha organización neutral verifique  quen é o receptor da asistencia. En Gaza, por exemplo, chega aos civís ou a Hamas?

- Un barco que, con claridade, teña a intención de violar o bloqueo, debe ser detido cando aínda está en altamar. Frear a flotilla rumbo a Gaza en augas internacionais, a 100 Km. desde Israel, non foi ilegal; en tempo de conflito armado, os barcos que tentan violar o bloqueo deben ser buscados  mesmo en altamar.

- Israel mantén os seus dereitos e está en total conformidade coa lei internacional porque cumprimenta todas as condicións mencionadas para un bloqueo lexítimo. Por exemplo, en xaneiro de 2009, Israel notificou ás autoridades pertinentes a súa intención de establecer un bloqueo naval da costa de Gaza.

Cal é a base legal do bloqueo naval israelí en Gaza? 

As relacións entre Israel e Hamas (que gobernou a Franxa de Gaza desde 2007) teñen o carácter de conflito armado, o que significa que as regras das leis de conflito armado son aplicadas. Iso indica  que, Israel,  pode controlar o tráfico marítimo rumbo a Gaza- mesmo cando a embarcación está aínda en altamar. Israel pode non facelo no mar territorial dun terceiro país, tal como Chipre, pero en tempo de conflito armado, Israel pode controlar as embarcacións en altamar que van dirixidas cara a Gaza.

Un bloqueo naval significa evitar a pasaxe (entrada ou saída) de todas as embarcacións, cara a ou desde os portos e zonas costeiras do inimigo, con independencia da clase de cargamento levada por esas embarcacións. Tense que definir, con claridade,  as fronteiras da zona á cal se aplica o bloqueo; o que ten que ser distinguido, doutras institucións de guerra naval, tal como zonas de exclusión e de seguridade.

Fontes da Lei Internacional de Bloqueos

Cales son as fontes da lei internacional sobre os bloqueos? As regras sobre bloqueos susténtanse na lei de costume internacional, xa que non hai un tratado internacional que abranga o  tema. A lei de costume é vencellante na lei internacional. Dacordo co Artigo 38 do Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, as fontes da lei internacional son: a) tratados internacionais, b) costume internacional e c) principios xerais da lei, recoñecida polas nacións civilizadas.

Unha regra vencellante de costume é creada cando moitos estados compórtanse,  durante longo tempo,  de certo modo e fano porque senten a obriga de facelo dese modo.

Os bloqueos existiron durante centos de anos. Foron mencionados especificamente na Declaración de Paris (1856) (logo da Guerra de Crimea) no que concierne á lei marítima. Un texto máis detallado seguiuno en 1909 (Declaración de Londres) sobre  a Guerra Naval. Esa declaración buscou codificar as regras de guerra no mar, pero os Estados participantes na declaración nunca o ratificaron. Con todo, os Estados que, en verdade,  seguiron as regras estableceron a declaración e, por tanto, as súas disposicións convertéronse en regras de costume vinculante.

As regras de costume sobre o bloqueo poden atoparse nos manuais das leis de guerra, implementados por certos países occidentais tales como EEUU e Gran Bretaña. Ademais, hai un manual preparado por un grupo internacional de expertos (1994) chamado Manual de San Remo. (Mentres que algúns falan sobre o Acordo de San Remo. Non houbo acordo, senón un manual). Ademais, os principios xerais das leis de conflito armado aplícanse tamén á guerra naval.

Cando un bloqueo é legal?

A fin que sexa legal varias condicións deben de ser cumprimentadas. A primeira é o requirimento de anuncialo, de modo xeral,  cando se aplica un bloqueo e asegurarse que toda embarcación que sexa detida saiba que existe un bloqueo. Hoxe en día o problema da notificación é máis fácil que no pasado, debido á gran mellora nas comunicacións.

Outra condición para a súa legalidade é a efectividade. Non é suficiente que só se declare o bloqueo. Ten que ser imposto (doutra maneira non é válido nin legal).

Dacordo coa  condición maior, un bloqueo non debería cortar o acceso ao mar dun Estado estranxeiro non relacionado. No caso de Gaza, o bloqueo non evita que, Exipto, alcance o mar.

Máis aínda, un bloqueo ten que estar baseado na igualdade: debe aplicarse a todos. Por suposto que, sempre, está a posibilidade que a parte bloqueadora outorgue un permiso especial a certos navíos neutrais para pasar,  pero son excepcións.

Un bloqueo ten que permitir o paso de axuda humanitaria se fose necesaria. Con todo, o Manual de San Remo inclúe dúas condicións (no artigo 103): primeiro, a parte bloqueadora pode decidir onde e cando e a través de que porto a axuda pode alcanzar a costa. Ademais, o Estado pode requirir que, unha organización neutral na costa, poida controlar a distribución das subministracións. Por exemplo, en Gaza, chegan aos civís ou a Hamas?           

Finalmente, hai unha condición que un Estado non prive de alimento á poboación civil (San Remo, artigo 102). Isto axústase ademais aos principios xerais das leis de conflito armado.

Que pasa se unha embarcación desobedece o bloqueo?

Que se pode facer a un barco que desobedece o bloqueo? Aquí, pode haber unha distinción entre barcos mercantes e de guerra. Un barco mercante pode ser visitado, rexistrado ou capturado e, se o barco resístese, pode ser atacado. A situación de barcos de guerra neutrais non está o suficientemente clara: os barcos poden ser buscados e capturados, pero as opinións están divididas en se poden ser atacados. O ataque é permitido nunha situación de auto-defensa.

Un barco que, con claridade, ten a intención de violar o bloqueo pode ser interceptado mentres está aínda en altamar. Frear a flotilla en augas internacionais, a 100 quilómetros desde Israel, foi legal: en tempos de conflito armado, os barcos que violan o bloqueo poderían ser buscados, mesmo en altamar.

Antecedentes de bloqueos

Hai numerosos antecedentes. Durante a Guerra de Corea, entre 1950 e 1953, houbo un bloqueo. En 1971, cando Bangladesh tentou separarse de Paquistán, India aplicou un bloqueo. Durante a guerra Irán-Iraq entre 1980 e 1988, houbo un bloqueo de Shatt o-Arab. Líbano foi bloqueado, durante varios meses, na guerra de 2006 entre Israel e Hezbollah, e Israel permitiu o paso seguro desde Líbano a Chipre por propósitos humanitarios.

No tratamento da flotilla con rumbo a Gaza, Israel actuou en conformidade coa lei internacional porque cumpriu con todas as condicións dun bloqueo lexítimo. En xaneiro, 2009 Israel notificou ás autoridades pertinentes do seu bloqueo de Gaza (recurso lexítimo de guerra naval). A existencia dun conflito armado, entre Israel e Hamas en Gaza, é  ben coñecida e non necesita dunha declaración especial para ese efecto.. 

Pero Gaza non é un Estado

Pode Gaza ser considerado un inimigo, a pesar que non sexa un Estado? Dacordo coa lei internacional, iso é posible. En todo caso, dacordo con diversas sentenzas da Corte Suprema de Israel, o conflito con Gaza é internacional e non só interno, porque Gaza non é parte de Israel. Nin Gaza nin a Marxe Occidental foron  anexados por Israel, nin a "lei, xurisdición e administración" de Israel estendeuse a eses lugares (como si se fixo con Xerusalén oriental en 1967 e as Alturas do Golán en 1981).

Con respecto ao status de Gaza: o territorio estivo baixo soberanía otomá desde 1517 até 1917, e logo converteuse en parte do Mandato Británico de Palestina. En 1948, Gran Bretaña deixou a zona e Gaza foi ocupada por Exipto, pero ese país nunca a anexou. En 1967 Gaza foi ocupada por Israel, que tampouco a anexou. En 2005, Israel retirouse desde Gaza  e, en 2007, fíxose co poder Hamas. Algúns din que Gaza é unha zona sui generis, que significa unha situación especial, mentres que de acordo con outros, é un territorio auto-gobernado con certos poderes (pero non con todos os poderes dun Estado).

Tanto na Declaración de Principios sobre os Acordos de Autogoberno Interino israelí-palestino de 1993 como o Acordo Interino Israelí-Palestino sobre a Marxe Occidental, de 1995, acordouse que, logo dun certo período de tempo, terían lugar as negociacións sobre o status permanente de Gaza e a Marxe Occidental, pero esas  negociacións, até agora, fracasaron. A Folla de Ruta de 2003, na que ambas as partes acordaron, albisca unha solución de dous Estados, e que, un Estado palestino, debería ser establecido por medio dun acordo con Israel.

Israel, é aínda ocupante?

Unha pregunta recorrente é se Gaza está ocupada ou non. Algúns din que debido a que Israel controla o espazo aéreo e marítimo adxacente, é ocupante. De acordo con outra opinión, baixo as Regulacións da Haia de 1907 (respecto das leis e costumes de guerra en terra), a ocupación ten que incluír o completo control da zona. ("O territorio é considerado ocupado cando se sitúa  baixo a autoridade da armada hostil. A ocupación esténdese só ao territorio onde tal autoridade foi establecida e pode ser exercida"- Artigo 42), e, por suposto, Israel non controla todo o territorio de Gaza. Por tanto, non é responsable do que alí sucede.

Na miña opinión, dado que Israel non controla Gaza, non é ocupante, senón que, naquelas áreas nas que aínda ten control (mar e espazo aéreo), Israel é responsable. Aquí temos que distinguir entre control total do territorio e control só  do mar e o espazo aéreo.

A Profesora Ruth Lapidoth, membro do Jerusalem Center for Public Affairs, é amplamente recoñecida a nivel mundial como autoridade líder en dereito internacional. Foi acredora do Premio Israel 2006 en Investigación Legal e do Premio Muller Destacada en Dereito Internacional 2000, da Sociedade Americana de Dereito Internacional. A Prof. Lapidoth prestou servizo na delegación israelí para Nacións Unidas en 1976, e en 1979 foi designada Asesora Legal do Ministerio de AAEE de Israel. É autora de nove libros e máis de centos de artigos de dereito internacional, dereitos humanos, conflito árabe-israelí e Xerusalén.