04/03/15

Imaxes da conferencia na Coruña de Mario Sabán

Hoxe mércores tivo lugar no Hotel Riazor na Coruña a terceira e última das conferencias-coloquio programadas por AGAI en colaboración con Tarbut Sefarad, co profesor Mario Sabán. Coma nos días anteriores en Vigo e Lugo, tamén A Coruña foi un éxito de convocatoria o cal amosa o interese que en Galicia desperta a cultura xudía coma parte tamén da nosa memoria histórica. A conferencia coruñesa foi presentada por Abel García López, membro da Xunta Directiva de AGAI.