14/03/15

Conferencia en Ribadavia do profesor Abraham Haim


Abraham Haim

O Centro de Estudos Medievais-CEM de Ribadavia, ven de celebrar o pasado mes de outubro o seu 25 aniversario e para conmemoralo ten previsto levar a cabo durante este ano un amplo programa de actividades sendo a primeira o vindeiro martes día 17 ás 20:00 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, onde terá lugar unha conferencia a cargo do presitixioso profesor israelí Abraham Haím, presidente do Consello da Comunidade Sefardí de Xerusalén.

Abraham Haím pertence a unha familia sefardí. Naceu na capital israelí no ano 1941, licenciouse en Historia do Medio Oriente e en Lingua e Literatura Árabe pola Universidade Hebrea de Xerusalén e doutor en Historia pola Universidade de Tel-aviv. Traballou como catedrático e investigador en universidades e colexios universitarios, sendo durante 5 anos Director Xeral do Patrimonio Sefardí no Ministerio de Educación e Cultura de Israel. Intervirá tamén Isidoro de Chairo, presidente da Asociación Monte Sinaí de Cultura Xudía de Ponferrada.

A entrada a conferencia é libre