11/02/15

O Parlamento de Galicia aproba unha Declaración Institucional en memoria do Holocausto



Dna Pilar Rojo, presidenta da Cámara galega

O Parlamento de Galicia ven de aprobar e dar lectura hoxe mércores á mañá dunha solemne Declaración Institucional en conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto.

A Declaración institucional foi lida no Pleno pola propia Presidenta da Cámara, Dona Pilar Rojo, e lembra no texto que en 2005 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou todos os días 27 de xaneiro como días nos que é obriga de todos os demócratas, de toda a comunidade internacional lembrar o Holocausto no que máis dun terzo da totalidade do pobo xudeu e milleiros de membros doutras minorías foron asasinados, entre eles tamén houbo centos de galegos que foron presos ou morreron nos campos nazis a carón dos 6.000.000 de xudeus asasinados na "solución final" nazi.

No texto lido esta mañá a presidenta Dna.Pila Rojo afirmou que "á Isto será sempre unha advertencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos"  

Nacións Unidas rexeitou, "e este Parlamento faino seu", continúa o texto, "toda negación xa sexa parcial ou total do Holocausto", e condenou, "sen reservas, o que tamén asume a Cámara, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa e a incitación, acoso ou violencia contra persoas ou comunidades baseada na súa orixe étnica ou as crenzas relixiosas".

Un ano máis, o Parlamento galego renovou o chamado ao Goberno da Xunta a traballar "contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e discriminación" e anima aos cidadáns e ás súas organizacións cívicas a permanecer vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu a barbarie do Holocausto poida nin asentarse entre nós nin en ningún lugar do mundo.

Lembrar que precisamente este ano 2015 cúmprese o 70 aniversario da liberación de Auschwitz un 27 de xaneiro de 1945, data que foi escollida no 2005 pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas coma día anual de recordo e conmemoración e que o Parlamento de Galicia fai un ano máis súa. Esta solemne Declaración Institucional foi lida no primeiro Pleno do Parlamento de Galicia este ano e na data máis próxima ao 27 de xaneiro. 

Ver o texto da Declaración aquí