18/01/15

"Holocausto e Memoria" - Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2015




Onte sábado tivo lugar en Santiago de Compostela a II Xornada "Holocausto e Memoria" organizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Educación) no marco dun proxecto europeo dirixido aos docentes na súa mellora da capacitación para o ensino do Holocausto aos alumnos de primaria, ESO e Bacharelato. A iniciativa enmárcase no programa da Comisión Europea ‘Memoria activa europea’. Ademais forma tamén parte do Plano Anual de Formación do Profesorado da Consellería, polo que o profesorado participante puido homologar a súa asistencia coma 8 horas de formación. 

Desde AGAI queremos transmitir os nosos sinceros parabéns pola iniciativa a Xunta de Galicia, especialmente á Consellería de Educación, Cultura e Ordeación Universitaria e moi especialmente ao seu Secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, polo esmero e rigor acadado na xornada así coma pola súa magnífica organización que sen dúbida sitúa a Galicia no mapa europeo ao máis alto nível.Parabéns. Mazel Tov.

Máis información:

Programa da II Xornada na Cidade da Cultura