13/01/15

Charla-coloquio en Vigo: "O Holocausto, a súa Memoria e as súas distorsións" polo profesor Gustavo D.Perednik


Profesor Gustavo D.Perednik


CHARLA-COLOQUIO EN VIGO
.
O vindeiro día 16 de xaneiro, co gallo da conmemoración anual do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto e organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, terá lugar en Vigo unha interesantísima e máis que recomendable Charla-coloquio sob o título de: "El Holocausto, su Memoria y sus distorsiones"  impartida polo profesor israelí e socio de Honra de AGAI, Gustavo D.Perednik. 

Lugar: Salón de actos do Hotel México (Vigo) sito na Vía Norte 10.
Día: venres 16 de xaneiro
Hora: 20:00 horas
Presenta: Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
Intervén: Gustavo D.Perednik, escritor e filósofo, autor de 15 libros publicados e traducidos a múltiples idiomas e que ten impartido conferencias en máis de 50 países. (ver aquí biografía completa)

Aquí podedes acceder a unha ampla escolma de perto de douscentos artigos do profesor Perednik publicados en medios de todo o mundo (en español).
.
Entrada libre según aforo