02/12/14

A Coruña. Presentación libro "28 días" de David Safier

 
O ciclo "Libros en directo" continúa a súa xa terceira temporada co escritor alemán David Safier para contarnos (en directo) todos os detalles do seu novo libro "28 días" que ven de publicar a Editorial Seix Barral.
 
David Safier naceu en Bremen en 1966. Deuse a coñecer como guionista de series de televisión de éxito como Mein Leben und Ich ("Mi vida y yo"), Nikola y Berlin, Berlin. Foi galardoado co Premio Grimme e o Premio TV en Alemaña, e cun Emmy en Estados Unidos. Vive e traballa en Bremen. Maldito karma (Seix Barral, 2009), a súa primeira novela, foi un éxito internacional en todo o mundo e leva máis de trinta edicións en español. Jesús me quiere (Seix Barral, 2010) e Yo, mi, me... contigo (Seix Barral, 2011) confirmárono como un dos autores máis divertidos e alentadores do panorama literario actual.
 
28 días de David Safier:
1943. Mira está a cargo de Hannah, a súa irmá pequena, dentro do duro día a día do gueto de Varsovia, pondo en risco a súa vida pasando comida de contrabando. Pero cando os nazis comezan a aniquilar a todos os xudeus do gueto, Mira únese á Resistencia. A pesares da todopoderosa SS, a Resistencia poderá facerlle fronte durante máis tiempo do agardado. 28 días. Durante 28 días. 28 días para vivir toda a túa vida.
 
O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión. A presentación do libro é de entrada libre mañá mércores ás 20:00 horas.