Onte domingo tivo lugar unha nova Asemblea Xeral da Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI e o xa tradicional posterior Xantar de Confraternidade. Na Asemblea fíxose balance do periodo transcorrido dende a anterior do ano 2013, plantexáronse novos retos e novas actividades e deuse o alta aos novos socios e socias de AGAI. Coma sempre dende o nacemento de AGAI no ano 2006 a Asemblea tivo unha grande participación activa dos socios e socias nun construtivo debate e intercambio de opinións e propostas.
Deuse tamén lectura as diversas mensaxes e saudas recibidas: do Sr.Alon Bar, embaixador de Israel en España, do Sr.Isaac Querub, presidente da Federación de Comunidades Judias de España-FCJE, da Comunidade Xudía de Galicia Bnei-Israel, da Associaçao de Amizade Portugal-Israel, da Camara de Comercio España-Israel, da Euskadi-Israela Elkarte Kulturaletik-Asociación Cultural Euskadi-Israel-HAVTAJÁ, da Associació de Relacions Culturals Catalunya-Israel-ARCCI, da Associació Cultural Sabadell-Israel-ACSI e da Associació Catalana d´ Amics d´Israel-ACAI. Unha bonita xornada de confraternidade para os socios chegados dende toda Galicia.
De seguido algunhas imaxes da Asemblea e do Xantar.