Unha crianza de 3 meses foi asasinada e oito persoas máis feridas de diversa consideración, ao ser atropelados co seu automóbil por un terrorista kamikace palestino nunha parada do tranvia de Jerusalen na zona de Givat Hatajmochet da capital israelí.
"Un automóbil privado arroiou a un numeroso grupo de persoas que estaban nunha parada do tranvía. O condutor tentou logo fuxir pero foi reducido pola policia", maniofestou a portavoz policial, Luba Samri. Un vídeo borroso do ataque terrorista está a circular na rede de internet. No vídeo obsérvase a un automóbil branco desviándose de súpeto da avenida cara á beirarúa directamente cara aos peóns. Un voceiro dos servizos de emerxencias dixo que tres persoas resultaron gravemente feridas, outras dúas persoas sufriron feridas moderadas e unhas cuarta lesións leves.
O avó da nena, Shimon Helperin dixo que a familia Ziso estaba a regresar a casa dende o Kotel, cando foron atropelados polo terrorista palestino. O agresor é un habitante do barrio de Silwan (Shiloah) de Xerusalén oriental e membro da organización extremista islámica Hamás "estivo anteriormente preso por terrorismo", manifestou o portavoz da policía Mickey Rosenfeld. Unha das testemuñas dixo que o ataque foi "horrendo" e que "a xente berraba". Os paramédicos dos servizos de emerxencias Magen David Adom e Hatzalá e a policía chegaron moi rapidamente á escena do atentado. Xa que logo o nivel de alerta na cidade foi elevado. O comandante da Policía de Xerusalén, Moshe Edri, anunciara previamente un "plano integral de seguridade cidadá" cun especial fincapé en controlar a onda de violencia desatada por grupúsculos marxinais islamitas que pretenden sen éxito arrastrar a poboación árabe-israelí a enfrontamentos coas forzas policiais.
.