29/09/14

Intervención de Benjamín Netanyahu en Nacións Unidas



Texto íntegro da intervención no plenario da Asemblea Xeral de Nacións Unidas do Primeiro Ministro israelí, Benjamín Netanyahu (29.09.2014) 

Veño dende Jerusalem para falar no nome do meu pobo. Vin falar dos perigos que nos ameazan. Nós rogamos pola paz, pero as esperanzas do mundo están en perigo. Por onde queira que ollemos o Islam extremista levanta a cabeza e ningún grupo étnico está libre do seu ataque. Para eles toda a política é global e queren dominar o mundo, como un cancro que medra e extendese paseniño. Nós debemos extirpar este cancro. Algúns países non entenden que Hamas e ISIS son ramas do mesma árbore.

Chegará o día en que o terror convulsionará todo o Planeta. Hamas di que quere destruír a Israel, pero a verdade é que eles aspiran a un Califato Islámico. Eles aplaudiron cando morreron milleiros de americanos o 11-S. Hezbollah, Boko Haram, nas Filipinas e en todas partes, sunitas extremistas ou shiitas extremistas, todos eles queren gobernar sen liberdade, convertindo á muller en gando. Eles consideran infiel até a outro musulmán. Os nazis crían nunha raza superior, eles cren nunha fe superior, a pregunta é se terán forza para conseguilo.

En Iran sucedeu cos Ayatollas. Eles queren que os deixemos acadar un poderoso estado islámico para que poidan impor as súas ideas á súa antollo. Iran apoia o goberno do Islamismo. Iran só mudou o ton, non as intencións. “Temos unha mision global”, escribiu Zarif, “esta é impor as nosas ideas ao mundo”. Ese é o país que moitos cren moderado. Iran situada no sitio máis perigoso do mundo, terá as armas máis poderosas do mundo. Non nos enfretaremos con musulmáns con simples Kalashnikov.

Supoñan que ISIS quixese enriquecer uranio, deixaríanos? Cando Iran teña a súa arma buscada, desparecerán os sorrisos e xurdirá o verdadeira faciana dos Ayatollas. Non se equivoquen, non podemos desarmar a ISIS e deixar a Iran. É como gañar unha batalla e perder a guerra. A loita contra Hamas e o fanatismo é tamén a vosa loita, os mísiles foron enviados a Hamas por Iran. Deixarían que os terroristas lanzasen mísiles contra ás vosas cidades sen respostar? Tamén debemos enfrontar a guerra de propaganda, eles usaron todos os medios civís para escudarse, Israel efectuou todo canto puido en bambardeos o  máis cirúrxicos posibles, ainda que non sempre foi posible. Enviamos panfletos, avisos na TV en árabe e a radio avisando, eles, Hamas non os deixaban porse a salvo. Nós, o Tzahal ten os máis altos conceptos de moral do mundo, non podemos condenar a Tzahal, debemos admiralo.

Poden vostedes ver nenos xogando á beira dunha lanzadeira, iso é crime de guerra. Cando nenos de Israel escóndense nos refuxios, eles úsanos para defender aos mísiles.

Hamas ten un dobre crime de guerra, atacaron aos nosos civís e usaron aos seus. Os dereitos humanos da ONU transformáronse nos dereitos dos terroristas. No Mundo pasan horribles feitos, raptan mulleres, asasinan cristiáns, pero a ONU só condena a Israel e agora acúsannos de xenocidio. Enviámoslles toneladas de axuda humanitaria, construímos hospitais para atendelos. Quen enviou a matar xudeus, levanta a súa voz e acusa. Pero agora temos un Estado que nos defende, aínda con moitos problemas. Hai moitos anos, países árabes que vían en Israel un inimigo hoxe entenden que eles se atopan ante o mesmo inimigo. Se nos asociásemos para desenvolver o progreso do Medio Oriente, iso tamén podería solucionar o problema entre Israel e os palestinos. Se algúns países árabes se esforzan, podemos alcanzar a paz, eu estou disposto a devolver terras, aínda que sexan nosas, non somos forzas de ocupación en nosa propia terra.


Deixamos o Líbano e deixamos Gaza e recibimos en resposta santuarios de terroristas. Vivimos rodeados polo caos, non permitiremos que se deixamos territorios, sexan estes logo ocupados por terroristas islámicos. Israel non está disposta baixo ningún concepto a iso, non estamos dispostos a telos tan preto, e estamos dispostos a defendernos de calquera ameaza. Eu tomo con moita seriedade as ameazas contra o meu país para asegurar o futuro do pobo xudeu. Somos un país que creou o posible do imposible. O futuro será prometedor non só para nós senón para todos os pobos da raxión. Debemos desposuír aos islámicos das súas armas perigosas. Ante Jerusalem non calarei. Busquemos a xustiza para o noso futuro.