Por Manuel S.Pérez Millos
Moi Sr. meu:
Por
unha destas casualidades da vida, caíu nas miñas mans unha copia da
carta que dirixiu ao Sr. Alon Bar, Embaixador do Estado de Israel en
España. De tal escrito hai algunha cousa coa que coincido plenamente
con vostede, ainda que noutras teñamos fondas diferenzas. Coma non ten
moita traza que me estenda verbo dos puntos nos que non discrepamos,
somentes vou facer unha relación –se cadra, non pasa de ser unha
escolma- deles, para aproveitar tempo e espazo naqueles nos que
diverxemos.
Comparto:
que o que sucede en Gaza trátase dun conflito bélico e, mesmo, que
a meirande parte das vítimas de tales situacións son xentes de a
pé, non combatentes; en que o número de mortos e arrepiante; que
eses froitos da violencia producen noxo nas xentes de ben, que, tal
coma lle pasa a vostede, ficamos desacougados, rabiosos e doridos por
elo; que a situación no Oriente Próximo é unha catástrofe das
peores, e que está a deixar un rego indeleble de feridas moi fondas
e vidas estragadas; e, ao fin, temos total acordó en que “o
respecto a dignidade humana non é compatible co escenario de
asasinatos, de destrucción, de frío xenocidio…” (sic).
Dito o
que antecede, cáusame fonda preocupación estoutro: que vostede,
todo un docente a nivel universitario, ou ben non saiba a qué cousa
se lle chama xenocido, asasinato, crime de lesa humanidade e, xa, de
brutalidade. Repito: ou ben non o sabe ou, dito sen ambaxes, trata de
enganarnos, ou pensa que todos somos parvos. Descarto, por razón
obvias, que quen careza de siso sexa vostede. E propendo a pensar que
atribuirlle descoñecemento da linguaxe, tampouco é atinado.
Daquela, fágame o favor de dicirme se débolle adxudicar o
aldraxe de tomarme por babeco ou, se non, se tenta de coarme unha
argallada.
Porque un xenocidio é, se os meus coñecementos do léxico
son exactos, o exterminio dun colectivo social por razón da sua
etnia, ou adscripción política ou relixiosa. Daquela pregúntolle:
sendo un feito probado que os palestinos en xeral e, particularmente,
os gazatíes reciben atención médica en é de Israel, ¿qué
especie estraña de xenocidio se perpetra? Se é certo que os
poboadores de Gaza viven nunha rateira a mercede da ferocidade
sionista, ¿coma é que a sua densidade de poboación medra de ano en
ano? ¿Non é ben sorprendente que os sanguinarios xudeos, tan
espelidos para tantas cousas, non den coutado semellante crecemento?
Estando abondo probado que os israelíes advirten dos obxectivos a
bombardear para que os civís se afasten, ¿coma a lucidez de vostede
encaixa este feito co ánimo xenocida? Para un xenocida, pregunto,
¿non sería máis eficaz e máis doado botalas bombas sen aviso
previo? Certamente, ou vostede tolea, ou eu son tan obtuso de siso
que non acado a entender o que, na clarividencia dos israelófobos, e
ben evidente.
Fala
na súa carta do “asasinato todavía non aclarado de tres colonos
hebreos”, tal coma pon literalmente. Pois lamento dicirlle que está
vostede moi atrasado no que atinxe a información; o asunto está
nidiamente claro: móbil, tempo, modus operandi e autores.
So queda que a Autoridade Palestina xulgue, ou entregue para
que sexan xulgados, aos cometedores da vileza. E, por certo, se gusta
de falar con propiedade, compre que non deturpe os feitos e precise
que se trataba, non de “colonos” (sen máis, coma vostede di)
ocupadores –se lícita ou ilegalmente é fariña doutro saco- senon
de tres adolescentes lampos, ou pouco máis. Pareceme lamentable ter
que lembrarlle o dato, pero coido que ten unha certa importancia.
Tamén
o vexo despistado abondo no seu xuizo de valor verbo dos medios de
comunicación. Tal confusión e de tal calibre, só pode atribuirse a
que non mira os periódicos, nin escoita as emisoras de radio nin
olla para os telexornáis. Se o fixese, polo menos de cando en vez,
apreciaría o sesgado das informacións, as imaxes escollidas dun só
bando contendente, as mensaxes sublimináis e, mesmamente, os
comentarios tendenciosos cheos de lixo antiisraelí.
Cáseque
de cada un dos termos da sua misiva poderíase facer unha desmontaxe
contrastada, veraz e fundamentada; pero sería tarefa sen froito e
suporía empregar demasiado tempo e espazo. Só farei, pois,
unhas precisións canto a algunha outra cousa das que escribe: verbo
das detencións masivas e as batidas policiáis, ¿non lle parece que
perseguir aos delincuentes e terroristas é o propio das forzas de
seguridade de calquer estado? Verbo de derrubar casas, ¿parouse a
pensar que as tales casas son convertidas polos seus heroes
palestinos en almacéns e diparadoiros de armas de destrucción
indiscriminada? Co seu laio pola destrucción de “infraestruturas
vitáis” para os palestinos, ¿está a pensar nos túneis polos que
pasan armas e polos que acceden a territorio israelí a secuestrar e
mesmo a matar a vellos, meniños, mulleres, e canto bicho vivinte se
lles poña por diante? Ao falar de asasinatos, ¿refírese aos centos
de comensáis reunidos nun restaurante? ¿Cecáis aos clientes dunha
pizzaría? ¿Tal vez aos pasaxeiros de autobús que estouparon pola
acción dos “mártires” da causa palestina? ¿Simplemente lembra
aos pasaxeiros do Achille Lauro? ¿ou os atletas da Olimpiada de
Munich?
Señor don Xavier Vence, ¿seguimos a falar de asasinatos e desmesuras, ou abonda polo de agora? Tamén fala de milleiros de vidas truncadas, ¿alude, cecáis, aos nenos que morren facendo de escudos humanos dos arsenáis de Hamas? ¿É unha insinuación aos nenos israelíes que zafan das gadoupas esnaquizantes dos foguetes deliberadamente desprovistos de elementos direccionáis, e que o terrorismo palestino bota a esgalla encol das poboacións (é dicir, Sr. Vence, habitación de civís) israelíes? Respecto a total eliminación planificada “de quen só pretende vivir dignamente na sua terra”, xúrdeme unha dúbida abraiante: ¿é unha broma –de moi mal gusto- que nos gasta ou, realmente temos que preocuparnos pola súa saúde mental? Porque verá vostede: guerra de 1949, ¿quén atacou a quén? A de 1956, ¿quén a provocou? En 1967, ¿quén comezou a lea? No ano 1973, ¿pode identificar quéns foron os agredidos e quéns os agresores? Guerras do Líbano dos anos 1982 e 2006, ¿quén as fixo inevitábeis? ¿Abóndalle ou continúo, D. Xavier?
Señor don Xavier Vence, ¿seguimos a falar de asasinatos e desmesuras, ou abonda polo de agora? Tamén fala de milleiros de vidas truncadas, ¿alude, cecáis, aos nenos que morren facendo de escudos humanos dos arsenáis de Hamas? ¿É unha insinuación aos nenos israelíes que zafan das gadoupas esnaquizantes dos foguetes deliberadamente desprovistos de elementos direccionáis, e que o terrorismo palestino bota a esgalla encol das poboacións (é dicir, Sr. Vence, habitación de civís) israelíes? Respecto a total eliminación planificada “de quen só pretende vivir dignamente na sua terra”, xúrdeme unha dúbida abraiante: ¿é unha broma –de moi mal gusto- que nos gasta ou, realmente temos que preocuparnos pola súa saúde mental? Porque verá vostede: guerra de 1949, ¿quén atacou a quén? A de 1956, ¿quén a provocou? En 1967, ¿quén comezou a lea? No ano 1973, ¿pode identificar quéns foron os agredidos e quéns os agresores? Guerras do Líbano dos anos 1982 e 2006, ¿quén as fixo inevitábeis? ¿Abóndalle ou continúo, D. Xavier?
Vostede,
ao longo da sua carta, menciona explícitamente cando menos en tres
ocasións o termo xenocidio, amén doutras recurrencias a
circunloquios para dicilo mesmo. Vexo, en tal linguaxe,
primeiramente, un uso abusivo desas especies de “mantras” que
tanto adoitan empregar vostedes. En segundo lugar, percibo un total
descoñecemento do que é un xenocidio, xa que imputar ese crime a
Israel, que ten no seu Parlamento un grupo político árabe e
notoriamente propalestino, é, outorgándolle unha calificación
suave, un desatino. Ao fío deste asunto pregúntolle, Sr. Vence,
¿sabe vostede cantos xudeos viven en territorios árabes? ¿Coñece
as súas condicións de vida? Cando o saiba e o faga público, se é
quén de facelo, daquela falamos de xenocidios e xenocidas. A
terceira cousa que me desacouga é o selectivo da sua sensibilidade.
Aínda non lle escoitei nada a prol dos sirios, nin dos kurdos, nin
dos senegaleses, nin dos tibetanos, nin dos chineses da Praza de
Tianan Men, nin…, nin…, nin… Somentes lle doen os palestinos.
Moi curiosa –e estrafalaria, engado- a sua idea de xenocidio e,
mesmo, un tanto estrambótica a mostra de solidariedade cos
masacrados.
Da
esixencia de que se cumplan as resolucións da ONU no tocante ao
conflito de Oriente Medio, paréceme que é, segundo decimos entre
nós, coma o porco: aprovéitaselle todo, dende o fociño até o
pezuño, de cabo a rabo. E xa que é tan estimable a proposta, ¿qué
tal se se comeza pola Resolución 181, de 29 de novembro de 1947? E,
a partir de aí, discútese o que faga falla.
Canto
a “desexos imperialistas de Israel” que vostede menciona, velaquí
algún caso práctico: devolución a Exipto do deserto do Sinaí,
tras de firmar un tratado de recoñecemento e paz; retirada de Gaza
(ano 2005), que incluíu a expulsión de colonos israelíes polas
forzas armadas israelíes. Curiosa política para un imperialista,
¿non sí?
Sr.
Vence: Malpocados os que, coma vostede e os seus adláteres, teñen
que recorrer as deturpacións da realidade, as mentiras ou as medias
verdades, ao abuso da ignorancia allea e a agochar os feitos.
Infelices aqueles que defenden causas tan inxustas e tan febles, que
somentes dispoñen, por todo argumento apoloxético, das devanditas
tácticas, das ameazas e dos insultos. De ser certo aquelo que dixo
Pascal, que “o corazón ten razóns que a razón non acada”, o
seus corazóns, Sr. Vence, están tan cheos do pior dos odios, o odio
irracional, que fica totalmente obnubilada a racionalidade e a
imparcialidade, que non hai quen lle tusa a arbitrariedade e as
moinantarías máis arteras.
Xentes
así, coido que non me son merecentes de ninguna das emocións que
vostede menciona na sua carta: nin alarma (moita, cando menos), nin
impotencia (canto a tal, nin ren), nin rabia, nin dor, nin
preocupación (excesiva). O que sinto por vostedes é mágoa.
Tristura porque amosan unha, se me permite copialo, “incapacidade
manifesta para comprometerse cos dereitos inalienables das persoas e
dos pobos” ou, máis exactamente, dalgúns deles.
Fico
agardando os habituáis insultos que desde as suas fileiras se adoita
adicar aos que ousamos discrepar de vostedes. Namentres, o saúdo coa
consideración que me merece.
Asdo.
Manuel S. Pérez Millos.