10/08/14

Elie Wiesel publica un anuncio contra Hamás






O xornal británico The Guardian aceptou publicar un anuncio acusando a Hamas de "sacrificio de nenos" mentres outro xornal tamén británico, The Times, rexeitou a  súa publicación.

O anuncio, escrito polo premio Nobel Elie Wiesel, insta ao Presidente Barack Obama, e a outros líderes mundiais a que sexan firmes na condena de Hamas polo "uso de nenos como escudos humanos". "Na miña propia vida, nunca vira os nenos xudeus lanzadas ao fogo", manifestou Wiesel, o sobrevivente do Holocausto. "E agora, eu vexo a nenos musulmáns usadas coma escudos humanos, en ambos os casos, por adoradores de morte"

"O que estamos sufrindo, até hoxe, non é unha batalla de xudeus contra árabes ou israelíes contra palestinos. Pola contra, é unha batalla entre aqueles que celebran a vida e aqueles que defenden a morte. É unha batalla da civilización contra a barbárie."  O anuncio é patrocinado pola This World: A Rede de Valores, unha organización fundada polo Rabino ortodoxo Shmuley Boteach. El foi publicado en varios xornais de Estados Unidos, incluíndo New York Times, Washington Post e Wall Street Journal. Boteach acusou a The Times de formar parte dunha mídia británica "infame e enviesada contra Israel."  The Times rexeitou o anuncio porque "a opinión que está sendo expresada é moi forte e con moita forza, e coma fuixo sempre, coidará de non molestar aos nosos lectores",  segundo unha declaración dun representante do xornal.

"The Guardian é de esquerda, mais obviamente cren na liberdade de expresión e permiten que os seus lectores lean a voz dun premio Nobel sobre un asunto moi importante", manifeston unha persoa próxima a Elie Wiesel. The Guardian, pola súa banda manifestou que a decisión de publicar o anuncio "non significa, evidentemente, que subscribamos ao cento por cento todas as opinións e reivindicacións feitas no mesmo."