26/08/14

A verdade detrás dos mapas de Gaza que ven de publicar a ONU

Os mapas de destrución en Gaza publicados pola ONU contan só unha parte da historia. Como o video amosa moi claro

A semana pasada, a ONU publicou varios mapas mostrando as infraestruturas afectadas durante a operación militar contra Hamás “Marxe Protectora”. Os mapas retratan unha imaxe catastrófica, marcando as infraestruturas danadas con puntos vermellos dispersos por toda Gaza. Pero este mapa mostra só unha parte da historia: Hamás utiliza moitos destes edificios, incluíndo fogares, hospitais, mesquitas e escolas como sitios de lanzamentos de mísiles e foguetes para levar a cabo ataques contra Israel. En moitos casos, as IDF-Forzas de Defensa de Israel alcanzan certas infraestruturas para deter o terrorismo de Hamás. Iso quere dicir, que os puntos vermellos nos mapas da ONU representan máis que destrución; eles representan os numerosos casos nos cales terroristas de Hamás atacaron a Israel dende áreas densamente poboadas en Gaza sen preocuparse dos civis, incluso buscando a mantenta a resposta israelí. Condenable Hamás e lamentable Nacións Unidas por non dar toda a información.