Desde a Xunta Directiva da Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos agradecer publicamente a carta recibida hoxe desde Yad Vashem de Xerusalén. Carta que enche de satisfacción e orgullo a todos os socios e socias da nosa Asociación por vir da principal institución mundial de investigación e conservación da Memoria da Shoáh.
Desde a nosa modestia, pode Yad Vashem ter a certeza do noso total compromiso na fermosa tarefa de promover e manter a memoria do Holocausto en Galicia.
Vigo, 20 de febreiro de 2014