Técnicos do Ministerio de Agricultura e Gandeiría de Israel participan, convidados pola cooperativa galega SERAGRO nunhas xornadas sobre técnicas de explotación leiteira.
Israel: 8 millóns de habitantes, 125.000 vacas e 950 explotacións fronte a menos de 3 millóns de habitantes e máis de 500.000 vacas repartidas en case 13.000 granxas. Esas son as diferenzas entre a gandería láctea de Israel e a de Galicia. Pero é o rendemento por vaca o que máis diferencia os dous sistemas. Mentres que no país de Oriente Medio chegan a 11.000 litros por lactancia, as vacas galegas non acadan os 9.000. Expertos do ministerio de Agricultura israelí explicaron en Lugo as características das granxas do seu país e as pautas que deben seguir as de Galicia para manter a rendabilidade. A abundancia de auga e a disponibilidade de terreos son as grandes vantaxas coas que contan os gandeiros galegos de cara á desaparición do sistema de cotas no ano 2015 e as novas reglas que impón a PAC, cunha forte liberalización do sector. Produción de forraxes e aproveitamento máximo dos recursos propios son, a xuizo deste técnico, as claves para os gandeiros galegos na nova etapa que se aveciña. Nas xornadas, organizadas pola cooperativa SERAGRO, tamén se vai falar da recría de animais nas explotacións e de aspectos sanitarios relativos ás vacas.
VER VIDEO COA NOVA DA TVG AQUÍ: