17/09/13

Exposición en Tui: “Os Sefardies de Oriente"




A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde hoxe ate o vindeiro 11 de outubro a exposición fotográfica  "Sefardís de Oriente: a diáspora sefardí nos Balcáns e o Mediterráneo Oriental", de Casa Sefarad-Israel, na que se mostran fotografías das comunidades sefardís de Europa Oriental, doadas por particulares á organización Centropa, con comentarios do  seus propietarios, nas que se pode entrever a vida cotián de ditas comunidades de xudeoespañoles.
   
Esta exposición intégrase no programa de actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía que, de novo, organiza o Concello de Tui arredor do domingo 29 de setembro, data na que ao longo de toda Europa cidades e vilas sumanse a esta xornada para valorizar a achega da cultura xudía ao patrimonio e á cultura europea.