13/08/13

Israel libera prisioneiros palestinos


  • A Autoridade Penitenciaria de Israel fixo pública a listaxe dos 26 terroristas que están sendo liberados como primeira parte dunha mensaxe de confianza para axudar a relanzar as negociacións de paz coa Autoridade Nacional Palestina que continuará nos próximos días e semanas.
    A lista inclúe 17 nomes de prisioneiros que asasinaron Israelitas, entre eles Abu-Musa Salam Alí Ater da Fatah que asasinou ao sobrevivente do Holocausto Isaac Rotenberg en Petah Tikvah en 1994. Dacordo coa organización de apoio ás familias de vítimas de terrorismo, a familia de Rotenberg foi toda exterminada no campo de Sobibor durante a II Guerra Mundial. Rotenberg conseguiu escapar e xuntouse a un grupo de guerrilleiros que loitaban contra os nazis nos bosques na Europa do Leste. Chegou a Israel en 1947, alistouse no IDF e loitou na Guerra de Independencia de Israel na fronte contra o Líbano, morreu con 67 anos.
    Rotenberg non foi a vítima máis vella que morreu nas mans dos prisioneiros que están a ser liberados. O membro da Fatah Ra'ai Ibrahim Salam Alí foi detido en 1994 pola morte de Moris Eisenstatt, con 79 anos. Eisenstatt foi asasinado con golpes de machado na cabeza mentres estaba sentado nun banco nun parque de Kfar Saba lendo un libro.
    Outro prisioneiros, Salah Ibrahim Ahmad Mugdad, tamén da Fatah, foi detido en 1993 por ter asasinado a un vixiante dun hotel, Israel Tenenbaum (72 anos) morreu atravesado cun bastón de aceiro.
    Dous dos prisioneiros, Abu Satta Ahmad Sa'id e Abu Sita Talab Mahmad Ayman, foron detidos en 1994 polo asasinato de David Davi e Haim Weizman. Despois de matar a David e Haims mentres durmían, os asasinos cortáronlles as orellas como proba da fazaña.
    Abel Aal Sa'id Ouda Yusef foi detido en 1994 por diversos ataques con granadas e por ser cumplice no asasinato de Ian Sean Feinberg e Sami Ramadan.
    Tamén na listaxe de prisioneiros a seren liberados está Kour Matwah Hamad Faiz, da Fatah, prendido en 1985 despois de asasinar a Menahem Dadon e Salomon Abukasis en 1983 e polo plano fallado de asasinar ao Primeiro ministro Yitzhak Shamir.
    Outros dous prisioneiros, tamén membros da Fatah, son Sualha Fazah Husseini e Sualha Bad Mahmed que fixeron estoupar un autobús en Ramat Gan, causando a morte de 6 persoas. 
    Maslah Abdullah Salma, membro do Hamas, que será enviado para a Faixa de Gaza na súa liberación, foi detido en 1993 polo asasinato dun dono dunha tenda de souvenirs. Maslah Salma, xuntamento cun cumplice, entrou na tenda de Reuven David, amarrou os brazos e pernas e golpeoulle até á morte.
    Estes son só uns exemplos do elevado prezo que Israel está disposto a pagar para retomar a mesa de negociacións de paz cos Palestinos. 
    Vexa a listaxe completa na notícia do Times of Israel