10/06/13

Carta aberta a IRIMIA-Rede de Crentes Galegos




Hai unhas semanas tivemos a triste nova da decisión da Rede de Crentes Galegos-IRIMIA de sumar o seu apoio ao denominado "boicot, desinversión, sancións contra Israel". Decisión, que alén de inxustificada, é impropia dunha organización que como é o caso de Irimia, debera procurar espazos de entendemento, tender pontes no canto de facer chamados xenófobos e discriminatorios a prol do boicot contra un (1) só estado no mundo. 

Ten Irimia feito algún outro chamado ao boicot contra algún estado no que os crentes cristians son perseguidos cando non directamente asasinados? 

Desde AGAI, coma asociación laica na que conviven diferentes relixións, crenzas, ideolóxias e nacionalidades, lamentamos este erro de Irimia que lixa en parte unha traxectoria fermosa e exemplar na defensa do noso idioma.

De seguido reproducimos unha "Carta Aberta a Irimia" asinada polo socio de AGAI, Pablo Veiga

Produciume tristura e decepción o apoio dado por vostedes á campaña Boicot, Desinversións e Sancións (BDS-Galicia) contra Israel, sumándose a unha iniciativa caracterizada por un sectarismo, parcialidade, exclusión e racismo sen límiete.
En primeiro lugar, se están dacordo con ese boicot tiren ó lixo os seus teléfonos móbiles e dean de baixa os seus correos electrónicos. Tecnoloxía israelí, ó igual que moitos outros adiantos.
En segundo termo, e sen profundizar nos múltiples aspectos que rodean a este enquistado conflito, cumpriría que tivesen en conta que foi a ONU a que aprobou a partición do antigo mandato británico de Palestina en dous estados, un xudeu e outro árabe. Os países de arredor conxuráronse para –literalmente- tirar os xudeus ó mar e exterminalos. Intentárono en numerosas aventuras bélicas con resultados estrepitosos para a poboación deses mesmos países, ós que non se lles perdía nada, e para os propios palestinos, ós que non lle deron a oportunidade de crear o seu propio ente. Xordania ocupou Cisxordania e Exipto Gaza. Por que non naceu aí o Estado Palestino?.
Falan de retorno dos refuxiados, de fin da discriminación ou de destruír o muro de seguridade. O primeiro punto resolveríase se os palestinos foran acollidos nos países árabes de arredor como cidadáns de plenos dereitos, algo que non ocorre. Discriminación??. Pero vostedes saben que dentro das fronteiras de Israel o 20 % dos habitantes son árabes-palestinos, maioritariamente musulmáns con tódolos dereitos habidos e por haber, infinitamente superiores a calquera país do entorno?. O famoso muro, saben por que se construíu, pois para evitar atentandos suicidas bestiais en centros comerciais, autobuses, escolas, ... Desde que se fixo, non se produciron máis... Tamén aluden a Gaza. Alí non hai ningún israelí, desmantelaron os asentamentos con oito mil persoas. Seguiron con ataques ás poboacións de Israel unha e mil veces.
A preocupación das redes cristiás polo que acontece en Oriente Medio podería focalizarse polas condicións nas que viven a súa fe os cristiáns en Gaza, Exipto ou o Líbano, onde son perseguidos inquisitorialmente. E xa non digamos en Arabia Saudí, Pakistán ou Sudán. Aí si que temos un campo de traballo importante.
Decepcionoume moito que a asociación Irimia pola que eu tiña simpatía se deixe embaucar nesta teima antisemita e anti Israel e relativice auténticas atrocidades que se están a cometer nos países de arredor, caracterizados pola falta de liberdades, a corrupción dos seus gobernantes, o nepotismo, a incultura e ignorancia, etc., etc.
Sentín moita pena como crente galego que se meteran nese xardín. Unha mágoa
Asinado:
Pablo Veiga
Socio de AGAI-Asociación Galega de Amizade con Israel