17/04/13

Comunicado: "Escraches e nazismo"




A Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI solicita da sra. Dolores Cospedal unha rectificación nas súas afirmacións nas que comparaba o fenómeno denominado “escraches” co nazismo.

Non é desde logo función de AGAI valorar, nin xustificando nin condenando, os “escraches”. Mais si é punto fundacional nos nosos Estatutos e do noso Manifesto fundacional o combate contra a banalización do Holocausto. Banalización que con todos os nosos respectos entendemos se produce coa mencionada comparación.

Desde AGAI, estamos certos de que a sra.Dolores Cospedal poderá argumentar contra os “escraches” sen ter que acudir a un fenómeno histórico sen parangón na historia europea que ocasionou millóns de mortos.

Vigo, 17 de abril de 2012