Ribadavia, corazón xudeu de Galicia, ven de celebrar 400 anos despois, o Seder de Pesaj. Coa presenza do profesor israelí Abraham Haim, Ribadavia recuperou unha celebración que congregou a 34 comensais na antiga Sinagoga da vila do Ribeiro en pleno corazón do vello Barrio Xudeu. Os participantes fixeron votos por superar receos anacrónicos e por recuperar cada día con máis forza a pegada e a presenza xudía en Galicia. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI parabenizamos ao Centro de Estudos Medievais e a ao Concello de Ribadavia pola fermosa iniciativa. Mazel Tov! Jag Pesaj Sameaj!