27/02/13

Judios, Conversos e Inquisición en Tui (2013) por Xesús Vila


 
Judíos, Conversos e Inquisición en Tui” (2013)

O rico legado xudeo conservado na cidade de Tui impulsa este traballo para tratar de comprender non só a presenza xudea na cidade medieval senón e tamén todo o proceso posterior á expulsión en 1492 que levou a conversión forzosa da minoría xudea penínsular e a consecuente conflictividade social que posibilitou unha actuación profunda e despiadada por parte do Santo Oficio.

A comunidade xudea de Tui caracterizouse por contar con todos os elementos propios para unha boa dinámica da comunidade: Cemeterio, Sinagoga, Carniceiría. Xunto a isto os membros da comunidade tudense ocuparon diferentes partes da cidade miñota nun reflexo da súa integración na cidade episcopal.

A expulsión dos xudeos ou a súa obrigada conversión refletiríase na documentación capitular tudense. Os conversos que quedaron xunto cos que viñeron a través de Portugal favoreceron agrupamentos e relacións entre as familias conversas. As delacións ao Santo Oficio provocadas por envexas e desconfianzas cara a un colectivo con gran capacidade económica e política, traerá consigo numerosos procesos inquisitoriais ao longo dos séculos XVI e XVII, cuxa testemuña máis notable serán os Sambenitos da Catedral de Tui, únicos conservados en España.

O patrimonio histórico tudense tamén se nutre de elementos singulares ademais dos tradicionais. Entre eles están o relacionado coa comunidade xudea e conversa que aportaron un conxunto de obras e elementos arquitectónicos (casas pertencentes á comunidade medieval ou a Torre do Xudeo da muralla da cidade), a menorá do claustro catedralicio, a pratería da catedral obra de prateiros xudeos e conversos, ou os sambenitos como testemuña dunha época de intolerancia e de obsesión pola unidade relixiosa.

Dúas imaxes da pegada xudía en Tui. Menoráh gravada na pedra do interior da Catedral e Sambenitos en Tui



O autor da obra:

Xesús "Suso" Víla, é licenciado en Xeografla e Historia pola UNED posgrado en Historia, Teoría e Método das Humanidades e as Ciencias Sociais (USC). Master en Lecturas sobre a Cidade Histórica Arte. Patrimonio Cultural e a súa Xestión (USC) Ten publicado diferentes libros de arte, historia e antropoloxía sobre a cidade de Tui e a súa bisbarra entre outros “O Tui esquecido” (1999) “Pazos e Casas de Tui e Valença” (2000) “Tui e Valença nos séculos XI a XV” (2001) “Antiguas fiestas” (2003) “Xudeus e Conversos en Tui” (2004) “Corpo Santo/San Telmo” (2009) Obtivo o segundo premio da Historia Medieval de Galicia e Portugal 2006 polo seu traballo “A Cidade de Tui durante a baixa Idade Media” e o Primeiro Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal no 2009 polo seu traballo “A Casa de Soutomaior 1147-1532”. Nestes momentos está a realizar a tese doutoral sobre “Dinámicas urbanas en la frontera del Miño durante el siglo XIX. Sociedad y arquitectura en Tui y Valença”. Xesús Vila participou tamén no documental editado por AGAI "Percorrido pola xudaría de Tui" (2011)