17/01/13

Acto na Coruña: Día Internacional do Holocausto


Co gallo da conmemoración, o vindeiro día 27 de xaneiro, do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto e da Prevención dos Crimes contra a Humanidade, celebrarase unha homenaxe e recordo das vítimas do exterminio nazi, acto que terá lugar no Quiosco Alfonso da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez 3) ás 12 da mañá. 

O acto está organizado pola Comunidade Xudía de Galicia B´nei Israel e coa colaboración do Excelentísimo Concello da Coruña.