07/08/12

Exposición en Tui: “España-Israel en caricaturas”




Desde o 8 de agosto ate o 8 de setembro
Sala Municipal

Hoxe mércores foi aberta ao público na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a magnífica exposición “España-Israel en caricaturas” conmemorativa dos 25 anos de relacións diplomáticas entre os dous países. A mostra está organizada pola Embaixada de Israel e a Concellería de Cultura de Tui coa colaboración da Casa Sefarad-Israel, a Asociación da Prensa de Madrid e a Asociación Galega de Amizade con Israel.

A exposición recolle corenta e catro debuxos de 50x50 cm realizados por dezaoito debuxantes israelís e españois. Entre eles está Mingote, Juan Álvarez, J. M Varona “Che”, José Orcajo, Nimrod Reshef, Zeev Engelmayer, Sergei Sichenko entre outros moitos.

A mostra poderá visitarse ate o 8 de setembro. Esta actividade forma parte do programa da Xornada Europea da Cultura Xudía 2012 que comprende tamén visitas guiadas ao Barrio Xudeu de Tui o 31 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.