A escritora Esther Bendaham Cohen estará o vindeiro sábado día 28 de xaneiro ás 19:30 horas na libraría Arenas (Cantón Pequeno 25) para presentar o seu último libro "Pene" Ediciones Ambulantes (2011) e falarnos da súa obra e do lugar da muller na cultura xudía.
Presenta: Julio Béjar, escritor e socio de AGAI
Entrada libre
Esther Bendahan Cohen (1964)
Neceu en Tetuán (Marrocos) no seo dunha familia xudeo sefardí. Fixo estudos de Psicoloxía e Filoloxía francesa na Universidade Complutense de Madrid. Foi directora do programa de TVE «Shalom» (La 2) e na actualidade é Xefa da Programación cultural de Casa Sefarad-Israel. Escribe regularmente artígos e reportaxes en diversas publicacións como en El País, Raices, Alef.
Na súa obra, "Déjalo, ya volveremos", narra a súa infancia e a desintegración da comunidade xudía de Marrocos.
O seu último libro publicado, "Pene" (Ediciones Ambulantes), é un desgarrador berro contra a submisión, en todas as súas facetas.
En 2011 gañou o Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña pola súa novela "Amor y ley. El tratado del alma gemela".
As súas obras:
.Soñar con Hispania (con Ester Benari), Ediciones Tantín, 2002
.La sombra y el mar, Morales del Coso, 2003
.Deshojando alcachofas, Seix Barral, 2005
.Déjalo, ya volveremos, Seix Barral, 2006
.La cara de Marte, Algaida, 2007. Premio Tigre Juan de novela
.El secreto de la reina persa, La Esfera de los Libros, 2009
.Pene, Ediciones Ambulantes, 2011
As súas traduccións:
.En el nombre del otro : reflexiones sobre el antisemitismo que viene, Alain Finkielkraut, Seix Barral, 2005 (realizada en colaboración con Adolfo García Ortega).
.Los viejos tiempos, el rey no besa, (Joann Sfar), Ediciones Ponent Mon (en colaboración con Fernando M.Vara de Rey y Elia Maqueda).
.Chagall en Rusia, (Joann Sfar) Editorial 451, 2011. En colaboración con Fernando M. Vara de Rey.
Máis información:
.A súa ficha en Seix Barral
.A súa ficha en La Esfera de los Libros
.A súa ficha en Ediciones Ambulantes
.Déjalo, ya volveremos, Capítulo 1 (PDF)
.Entrevista en El País, 16/03/2006
.Entrevista a Esther Bendahan en el Círculo de Bellas Artes.