Lista de premiados:
Excelentísimo Señor José María Aznar, Excelentísimo Señor Felipe González, Excelentísima Señora Esperanza Aguirre, Molt Honorable Senyor Jordi Pujol, Excelentísimo Señor Enrique Múgica, Excelentísimo Señor Antonio Muñoz Molina, Sr. D. Antonio Lisbona, Real Madrid-Baloncesto-Leyendas Blancas, Iberia, Federación de Comunidades Judías de España-FCJE, Asociaciones de amistad España-Israel representadas por la Associació de Relacions Culturals Catalunya-Israel, Centro de Estudios Judeo-Cristianos, Sr. D. Gabriel Albiac, Sr. D. Joan B.Culla i Clara, Sr. D. Adolfo García Ortega, Sra. Da. Pilar Rahola, Sr. D. César Vidal, Sr. D. Vicenç Villatoro
Madrid, 18 de xaneiro de 2012
Sra. Presidenta,
Sr. Ministro:
moitas grazas polas súas palabras.
Excelentísimas señoras,
excelentísimos señores,
Autoridades,
Señoras e señores,
Amigos,Boas noites.
Moitas grazas a todos por compartir connosco este acto de clausura das conmemoracións do XXV aniversario do establecemento de relacións diplomáticas entre España e Israel. Un ano cheo de actividades e iniciativas culturais, comerciais e políticas, entre as que destacan as visitas do Presidente de Israel, Shimon Peres, a Madrid, e a das súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias a Xerusalén.En 1986, na Haia, representantes dos nosos gobernos asinaban o acordo de establecemento de relacións diplomáticas entre España e Israel. Unha sinatura que puña fin a décadas de desencontro, que pechaba o doloroso capítulo dunha anomalía histórica que prolongouse de máis. O pasado xudeu de Sefarad e o hispanismo da diáspora sefardí son aspectos singulares e de grande peso, convertendo en algo especial as relacións entre ambos os países.Nestes 25 anos non fixemos máis que empezar a recuperar o tempo perdido. Polo peso da historia e polas circunstancias rexionais, o encontro non sempre foi doado, pero sempre moi interesante, cunha alta carga emocional.
Señoras e señores,
A breve historia destas relacións é unha historia de éxito impresionante. España e Israel son hoxe dúas democracias que desde as dúas beiras do Mediterráneo traballan en favor da paz e a cooperación.O diálogo político é moi intenso a todos os niveis, en ocasións mesmo íntimo.Os intercambios culturais están en crecemento permanente; cada vez é maior a presenza de arte e cultura israelí en España, e a española en Israel.Tamén é digno de mención o grande número de turistas israelís que anualmente visitan España; o pasado ano foron máis de 300.000. Hai que salientar, e máis nestes momentos de crise económica, o alto nivel do intercambio comercial. De feito, Israel é o principal cliente de España en oriente próximo, e aínda estamos moi lonxe do que podemos chegar a facer xuntos.As prioridades do goberno español e as características da economía israelí, unha economía que creceu un 5% en 2011, unha economía que é dinámica e está baseada na iniciativa e a innovación, sentan a base para dar un salto cualitativo e cuantitativo nas relacións comerciais e empresariais.A creatividade e a innovación, a flexibilidade e a exportación, deben de ser os alicerces das novas pontes que debemos tender entre España e Israel. Se impulsamos a creación de iniciativas conxuntas empresariais, científicas, comerciais e educativas, sen dúbida afrontaremos mellor os desafíos do futuro.Este magnífico punto de partida para o futuro das nosas relacións é posíbel grazas á axuda de persoas e institucións que contribuíron ao establecemento de relacións e o seu posterior desenvolvemento e consolidación en diferentes ámbitos. Persoas e institucións como ás que hoxe entregamos os Premios Samuel Hadas de Amizade España-Israel. Somos conscientes de que outras moitas persoas, institucións e asociacións tamén son merecedoras do noso recoñecemento, pero é parte da natureza deste tipo de eventos. Non por iso esquecemos nin deixamos de agradecer a súa contribución.O galardón leva o nome de Samuel Hadas, falecido hai dous anos, primeiro Embaixador de Israel en España e un dos artífices do establecemento das relacións diplomáticas en 1986. Con esta entrega de premios, a Embaixada de Israel fai público o seu recoñecemento e as súas mostras de gratitude a quen tanto fixeron, e non sempre nun ambiente favorábel, para consolidar as relacións entre España e Israel e por defender a causa de Israel.O Estado de Israel está en débeda con vostedes.Grazas a todos e brindo, sen ter aínda a copa na miña man, pola nosa amizade, co convencemento de que todo será moito máis doado nos vindeiros 25 anos.

Alon Bar
Embaixador de Israel
Embaixador de Israel