O presidente da Deputación de Ourense, D.Xosé Luís Baltar acompañado polo Alcalde Marcos Blanco e o Dr.Abraham Haim, no momento inicial de prendido das velas de Janucá.
O presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés xunto o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar
O historiador do CEM, Ramón Estévez, Abraham Haim e Pedro Gómez-Valadés
A historiadora Gloria de Antonio, quen foi Premio Samuel Toledano no ano 2008 conversa co presidente de AGAI
Pedro Gómez-Valadés xunto a Samuel Epstein, da Cámara de Comercio España-Israel, Xosé Luis Chao do CEM e Francis Papiernik, tamén da Cámara
Entre os asistentes o escritor Afonso Vázquez-Monxardín
Momento da intervención do Dr.Abraham Haim
A Secretaria Xeral da Rede de Xuderías, Assumpció Hosta i Rebés
Miguel de Lucas da Casa Sefarad-Israel
O Subdelegado do Goberno Camilo Ocampo
O Alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco prende a vela de Janucá
O acto ficou presidido pola nonumental Biblia Kennicot, a biblia xudía de Galicia
Onte venres, no comezo do tradicional Shabat do mundo xudeu, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia a entrega do Premio Samuel Toledano 2011 ao Centro de Estudos Medievais de Ribadavia, entrega a que asistiron un moi nutrido grupo de autoridades locais e provinciais, entre as que se atopaba o presidente da Deputación, Xosé Luís Baltar, o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, Miguel de Lucas en representación da Casa Sefarad-Israel, Assumpció Hosta i Rebés, Secretaria Xeral da Rede de Xudarías de España, Samuel Epstein, representante da Cámara de Comercio España-Israel e Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Salientar que o acto estivo presidido de xeito simbólico por un exemplar da monumental Biblia xudía de Galicia, a coñecida como Biblia Kennicot, cedida para a ocasión polo Consello da Cultura Galega.
Xosé Luís Chao, presidente da entidade premiada, recibiu o galardón de mans do coordinador da comisión do Premio Samuel Toledano, o Dr.Abraham Haim, chegado desde Jerusalem para facer entrega do premio ante a imposibilidade por parte do CEM de acudir a capital israelí a recibilo. Na súa intervención Xosé Luís Chao manifestou o seu profundo e emocionado agradecemento ante o feito de que a prestixiosa fundación israelí organizadora deste premio elixise ao Centro de Estudos Medievais en recoñecemento polo labor desemvolvida en favor da recuperación da memoria histórica acerca da presenza dos xudeus nesta vila e pola defensa da cultura sefardí en Galicia. Respecto diso, Chao lembrou o grande prestixio deste premio internacional, destacando que a Comisión do Premio está presidida polo expresidente do Estado de Israel, Yitzhak Navón. "De feito asistiu ao acto que se celebrou en Jesuralén ou pasado 30 de outubro, pero ao que nós non puidemos asistir por mor de cuestións laborais, por iso repetimos a entrega do premio aquí en Ribadavia, cousa que e unha honra para nós".
O acto foi organizado a través da Concellaría de Cultura, que dirixe Xosé Prieto. o Dr.Abrahan Haim declarou que este premio naceu xa no ano 1998, premio internacional que promove a fundación israelí Samuel Toledano, quen fora presidente da FCJE. Durante o acto o Dr.Abraham Haim tivo unha intervención na que explicou de xeito ameno dos rituais tradicionais que a partir do vindeiro día 20 terán lugar en todo o mundo xudeu con motivo da festividade da Janucá. Con tal motivo, procedeuse a acender por nove dos asistentes o candelabro de nove brazos, sendo un dos participantes o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco e o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar.