25/09/11

Texto íntegro do discurso de Benjamin Netanyahu en Nacións Unidas

Transcrición completa da intervención do Primeiro Ministro Benjamín Netanyahu na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. NY 23.09.2011
.
Grazas, Sr. Presidente.

Damas e cabaleiros,
Israel estendeu a súa man en paz desde o momento no que foi establecido 63 anos atras. No nome de Israel e do pobo xudeu, eu estendo esa man novamente hoxe. Eu esténdoa ao pobo de Exipto e Xordania, con renovada amizade para veciños con quen fixemos a paz. Eu esténdoa ao pobo de Turquia, con respecto e boa vontade. Eu esténdoa ao pobo de Libia e Tunez, con admiracion por aqueles que estan tentando construír un futuro democratico. Eu esténdoa aos outros pobos do Norte de Africa e a Peninsula Arabiga, con quen queremos forxar un novo comezo. Eu esténdoa ao pobo de Siria, Libano e Iran, con sobrecollemento pola valentia daqueles combatendo a brutal represion.
Pero moi especialmente, eu estendo a miña man ao pobo palestino, con quen buscamos unha paz xusta e duradeira.

Damas e cabaleiros,
en Israel a nosa esperanza pola paz nunca se esvaeceu. Os nosos cientificos, doutores e innovadores aplican o seu xenio para mellorar o mundo de mañá. Os nosos artistas, os nosos escritores, enriquecen o legado da humanidade. Agora, eu sei que esta non é exactamente a imaxe de Israel que é a miúdo retratada nesta sala. Despues de todo, foi aqui en 1975 que o antigo anhelo do meu pobo por restaurar a nosa vida nacional na nosa antiga patria biblica foi entón que isto foi nomeado vergonzosamente como racismo. E foi aqui en 1980, xusto aqui, que o historico acordo de paz entre Israel e Exipto non foi eloxiado; foi denunciado! E é aqui, ano tras ano que Israel é inxustamente sinalada para condena. É acusada para condena mais a miúdo que todas as nacións do mundo combinadas. Vinte e unha das 27 resolucións da Asemblea Xeral condenan a Israel, a unica democracia verdadeira no Medio Oriente.

Ben, esta é unha parte desafortunada da institucion ONU. É o teatro do absurdo. Non só mostra a Israel como o vilán; a miúdo mostra a viláns reais en importantes roles: a Libia de Gadhafi presidiu a Comision de Dereitos Humanos da ONU; o Iraq de Saddam encabezou o Comite da ONU sobre Desarmamento. Vostedes podrian dicir: Iso é o pasado. Ben, que esta sucedendo agora, precisamente agora, hoxe, no Libano controlado por Hezbollah agora preside o Consello de Seguridade da ONU. Isto significa, en efecto, que unha organizacion terrorista preside o organismo ao que lle é confiado garantir a seguridade do mundo.

Vostedes non poderian inventar algo asi.

Entón aqui na ONU, as maiorias automaticas poden decidir calquera cousa. Elas poden decidir que o sol se poña no occidente. Pero elas tambien poden decidir, elas decidiron, que o Muro Occidental en Xerusalem, o lugar mais santo do Xudaismo, é territorio palestino ocupado.

E aínda aqui na Asemblea Xeral, a verdade pode ás veces abrirse paso. En 1984 cando eu fun nomeado embaixador de Israel ante as Nacións Unidas, eu visitei ao Gran Rabino de Lubavich. El díxome, e damas e cabaleiros, eu non quero que ninguén de vostedes sexa ofendido debido á experiencia persoal de servir aqui, eu se que hai moitos homes e mulleres honorables, moitas persoas capaces e decentes, servindo aqui ás súas nacións. Pero aqui esta o que me dixo o Rebbe. El díxome, "ti estaras servindo nunha casa de moitas mentiras". E continuou, "lembra que mesmo no lugar mais escuro, a luz dunha unica vea pode ser vista lonxe e clara".

Hoxe eu espero que a luz da verdade brille, aínda que sexa só por uns poucos minutos, nunha sala que durante moito tempo foi un lugar de escuridade para a miña pais. Entón como Primeiro Ministro de Israel, eu non vin aqui para gañar aplausos. Eu vin aqui para falar a verdade. A verdade é, a verdade é que Israel quere paz. A verdade é que eu quero paz. A verdade é que no Medio Oriente en todos os tempos, pero especialmente durante estes dias turbulentos, a paz debe estar ancorada na seguridade. A verdade é que nós non podemos alcanzar a paz a traves de resolucións da ONU, senón só a traves de negociacións directas entre as partes. A verdade é que até agora os palestinos rexeitaron negociar. A verdade é que Israel quere a paz cun estado palestino, pero os palestinos queren un estado sen paz. E as verdades que vostedes non deben permitir que iso suceda.

Damas e cabaleiros, cando eu vin por primeira vez aqui 27 anos atras, o mundo estaba dividido entre Oriente e Occidente. Desde entón terminou a Guerra Fria, grandes civilizacións ascenderon de séculos de sopor, centos de millóns foron sacados da pobreza, incontables mais van seguir, e o destacable é que até agora este monumental cambio historico ocorreu en gran parte en forma pacifica. Pero unha malignidade esta agora crecendo entre Oriente e Occidente que ameaza á paz de todos. Busca non liberar senón escravizar, non construír senón destruír. Esa malignidade é o Islam militante. Envólvese no manto dunha gran fe, pero asasina a xudeus, cristiáns e musulmáns por igual con implacable imparcialidade. O ataque do 11 de setembro matou a milleiros de americanos, e deixou as torres xemelgas en ruínas ardentes. Onte á noite eu depositei unha ofrenda floral no monumento ao 11/S. Conmoveume profundamente. Pero cando eu estaba a ir alli, unha cousa repetiase na miña mente: as atroces palabras do presidente de Iran neste podio onte. El dixo que o 11/S foi unha conspiracion americana. Algúns de vostedes abandonaron esta sala. Todos vostedes deberon telo feito.

Desde o 11/S, os militantes islamitas masacraron a outros incontables inocentes, en Londres e Madrid, en Bagdad e Mombai, en Tel Aviv e Jerusalem, en cada parte de Israel. Eu creo que o perigo mais grande que enfronta o noso mundo é que este fanatismo se arme con armas nucleares. E isto é precisamente o que esta tentando facer Iran.
Poden vostedes imaxinar a ese home que baballoo aqui onte, poden imaxinalo armado con armas nucleares? A comunidade internacional debe deter a Iran antes que sexa demasiado tarde. Se Iran non é detido, nós enfrontaremos o espectro do terrorismo nuclear, e a Primavera Arabe poderia axiña converterse nun Inverno Irani.

Iso seria unha traxedia. Millóns de arabes tomaron as rúas para substituír tirania con liberdade, e ninguén se beneficiaria mais que Israel se aqueles comprometidos coa liberdade e a paz prevalecesen.

Esta é a miña fervente esperanza. Pero como Primeiro Ministro de Israel, eu non podo arriscar o futuro do estado xudeu baixo ilusións. Os gobernantes debemos ver a realidade como é, non como debe ser. Nós debemos facer o mellor que podamos para formar o futuro, pero nós non podemos facer desaparecer con só desexalo os perigos do presente. E o mundo ao redor dos israelies estase volvendo definitivamente mais perigoso. O Islam militante xa tomou o poder en Libano e Gaza. Esta determinado a esnaquizar os tratados de paz entre Israel e Exipto e entre Israel e Xordania. Envelenou xa moitas mentes arabes contra os xudeus e Israel, contra America e Occidente. Oponse non ás politicas de Israel senón á existencia de Israel.

Agora, algúns argumentan que a difusion do Islam militante, especialmente nestes tempos turbulentos, se vostedes queren atrasalo, eles argumentan, Israel debe apresurarse a facer concesións, debe asumir compromisos territoriais. E esta teoria soa simple. Basicamente é asi: Abandonen o territorio, e a paz sera promovida. Os moderados seran fortalecidos, os radicais seran mantidos baixo control. E non se preocupen polos fastidiosos detalles de como se defendera Israel de feito; as tropas internacionais farían o traballo.
Estas persoas din constantemente: Só faga unha oferta ampla, e todo funcionará.

Vostedes saben, hai só un problema con esa teoria. Nós tentámola e non funcionou. No ano 2000 Israel fixo unha oferta de paz ampla que reunia practicamente todas as esixencias palestinas. Arafat rexeitouna. Os palestinos entón lanzaron un ataque terrorista que se cobrou mil vidas israelies.

O Primeiro Ministro Olmert logo fixo unha oferta aínda mais ampla, no ano 2008. O Presidente Abbas nin sequera respondeu a proposta.

Pero Israel fixo mais que só facer ofertas amplas. Nós realmente abandonamos territorio. Nós retirámonos de Libano no 2000 e de cada polgada cadrada de Gaza no 2005. Iso non calmou á tormenta islamica, a tormenta islamica militante que nos ameaza. Só achegou mais a tormenta e a fíxo máis forte.

Hezbollah e Hamas dispararon miles de foguetes e mísiles contra as nosas cidades desde os mesmos territorios que nós evacuamos. Vexan, cando Israel deixou Libano e Gaza, os moderados non derrotaron aos radicais, os moderados foron devorados polos radicais. E eu lamento dicir que as tropas internacionais como a UNIFIL en Libano e a EUBAM en Gaza non detiveron aos radicais para que non ataquen Israel.

Nós deixamos Gaza esperando paz.

Nós non conxelamos os asentamentos en Gaza, nós arrincámolos. Nós fixemos exactamente o que a teoria di: Saian, regresen ás fronteiras de 1967, desmantelen os asentamentos.

E eu non creo que a xente lembre o lonxe que fomos para lograr isto. Nós arrincamos a miles de persoas dos seus fogares. Nós evacuamos aos nenos das súas escolas e os seus xardíns de infantes. Nós arrasamos as sinagogas. Nós mesmo, nós mesmo trasladamos aos nosos seres queridos das súas tumbas. E logo, facendo todo iso, nós demos as chaves de Gaza ao Presidente Abbas.

Agora a teoria di que todo debe funcionar, e o Presidente Abbas e a Autoridade Palestina agora poderian construír un estado pacifico en Gaza. Vostedes poden lembrar que o mundo enteiro aplaudiu. Eles aplaudiron a nosa retirada como un acto de gran estadismo. Foi un atrevido acto de paz.

Entón eu quero preguntarlles. Algún de vostedes, algún de vostedes traeria o perigo tan preto das súas cidades, das súas familias? Actuarian vostedes tan temerariamente coas vidas dos seus cidadáns? Os israelies estamos preparados para ter un estado palestino en Cisxordania, pero nós non estamos preparados para ter outra Gaza ali. E ese é o motivo polo que necesitamos ter acordos de seguridade reais, os cales os palestinos simplemente rexéitan negociar connosco.

Os israelies lembramos as amargas leccións de Gaza. Moitos dos criticos de Israel as ignoran. Eles aconsellan en forma irresponsable a Israel que camiñe de novo o mesmo perigoso camiño novamente. Vostedes len o que estas persoas din e é coma se nada sucedese, só repetindo o mesmo consello, as mesmas formulas coma se nada disto sucedera.
E estes criticos continuan presionando a Israel para que faga concesións de grande alcance sen asegurar primeiro a seguridade de Israel. Eles eloxian a aqueles que alimentan inconscientemente ao insaciable crocodilo do Islam militante como audaces estadistas. Eles caracterizan como inimigos da paz a aqueles de nós que insistimos en que primeiro temos que erixir unha forte barreira para manter fora ao crocodilo, ou cando menos atascar unha barra de ferro entre as súas fauces abertas.

Entón fronte ás etiquetas e os libelos, Israel debe elixir o mellor consello. Mellor unha mala prensa que un bo eloxio, e mellor aínda seria unha prensa xusta cuxo sentido da historia esténdase mais alla do almorzo, e a cal recoñeza as lexitímas preocupacións de seguridade de Israel.

Eu creo que en negociacións de paz serias, estas necesidades e preocupacións poden ser apropiadamente encaradas, pero elas non seran encaradas sen negociacións. E as necesidades son moitas, debido a que Israel é un pais tan pequeno. Sen Judea e Samaria, Cisxordania, Israel é toda de 16 kilometros de ancho.

Eu quero polo en perspectiva para vostedes, debido a que todos vostedes estan na cidade. Iso é uns dous terzos da lonxitude de Manhattan. É a distancia entre Battery Park e a Universidade de Columbia. E non se esquezan que a xente que vive en Brooklyn e New Jersey é considerablemente mais amable que algúns dos veciños de Israel.

Entón como vostedes, como protexen vostedes tan pequeno pais, rodeado por xente xuramentada na súa destruccion e armada até os dentes por Iran? Obviamente vostedes non poden defendelo desde dentro dese estreito espazo unicamente. Israel necesita maior profundidade estratexica, e ese é exactamente o motivo polo cal a Resolucion 242 do Consello de Seguridade non requirio que Israel abandone todos os territorios que capturou na Guerra do Seis Dias. Falo acerca de retirada de territorios, a fronteiras seguras e defendibles. E para defenderse, Israel debe por tanto manter unha presenza israeli a longo prazo en areas estratexicas criticas en Cisxordania.

Eu expliqueille isto ao Presidente Abbas. El respondeu que se un estado palestino ía ser un pais soberano, nunca poderia aceptar tales arranxos. Por que non? America tivo tropas en Xapon, Alemaña e Corea do Sur por mais de medio século. Inglaterra tivo unha base aerea en Chipre. Francia ten forzas en tres nacións africanas independentes. Ningún destes estados afirma que eles son paises non soberanos.

E hai moitos outros temas vitais de seguridade que tambien deben ser encarados. Tomemos o tema do espazo aereo. Novamente, as pequenas dimensións de Israel crean enormes problemas de seguridade. America pode ser cruzada en avion en seis horas. Voar a traves de Israel leva tres minutos. Entón o pequeno espazo aereo de Israel vai ser cortado á metade e dado a un estado palestino que non esta en paz con Israel?

O noso principal aeroporto internacional esta a uns poucos kilometros de distancia de Cisxordania. Sen paz, os nosos avións se volverian brancos de mísiles anti-aereos colocados no estado palestino adxacente. E como deteremos o contrabando dentro de Cisxordania? Non é simplemente Cisxordania, son as montañas de Cisxordania. Dominan precisamente a planicie costeira onde a maioria da poboacion de Israel vive. Como poderiamos evitar o contrabando dentro destas montañas daqueles mísiles que poderian ser disparados sobre as nosas cidades?

Eu traio estes problemas debido a que non son problemas teoricos. Son moi reais. E para os israelies, son temas de vida ou morte. Todas estas potenciais gretas na seguridade de Israel deben ser seladas nun acordo de paz antes que sexa declarado un estado palestino, non despois, debido a que se vostedes o deixan para despois, non poderan ser selados. E cando estes problemas explotasen na nosa cara, explotaría a paz.

Os palestinos deben primeiro facer a paz con Israel e logo obter o seu estado. Pero eu tambien quero dicirlles isto a vostedes. Despois que tal acordo de paz sexa asinado, Israel non sera o ultimo pais en dar a benvida a un estado palestino como un novo membro das Nacións Unidas. Nós seremos o primeiro.

E hai unha cousa mais. Hamas esta violando o dereito internacional retendo ao noso soldado Gilad Schalit secuestrado desde hai cinco anos. Eles non lle deron nin sequera unha visita da Cruz Vermella. El está retido nun calabozo, na escuridade, contra todas as normas internacionais. Gilad Schalit é o fillo de Aviva e Noam Schalit. El é o neto de Zvi Schalit, quen escapou do Holocausto ao vir na decada de 1930 como un raparigo á terra de Israel. Gilad Schalit é o fillo de todas as familias de Israel. Toda nacion representada aqui debe esixir a súa liberacion inmediata. Se vostedes queren aprobar unha resolucion sobre o Medio Oriente hoxe, esa é a resolucion que vostedes deben aprobar.

Damas e cabaleiros, o ano pasado na Universidade de Bar-Ilan en Israel, este ano na Knesset e no Congreso americano, eu articulei a miña vision para a paz na cal un estado palestino desmilitarizado recoñece ao estado xudeu. Si, o Estado xudeu. Despoies de todo este é o organismo que recoñeceu ao estado xudeu 64 anos atras. Agora, non pensan vostedes que é hora de que os palestinos fagan o mesmo?

O estado xudeu de Israel sempre protexera os dereitos de todas as súas minorias, incluídos os mais dun millon de cidadáns arabes de Israel. Eu desearia poder dicir o mesmo acerca dun futuro estado palestino, porque como os funcionarios palestinos deixaron moi claro o outro dia, de feito, eu creo que eles o fixeron aqui mesmo en New York, eles dixeron que o estado palestino non permitira ningun xudeu. Eles seran estarán libres de xudeus, judenrein. Iso é limpeza etnica. Hai leis hoxe en Ramallah que fan punible a traves da morte a venda de terra aos xudeus. Iso é racismo. E vostedes saben a que lei evoca isto.

Israel non ten intencións nin nada que se lle pareza de cambiar o caracter democratico do noso estado. Nós só non queremos que os palestinos tenten cambiar o caracter xudeu do noso estado. Nós queremos que renuncien, nós queremos que eles renuncien á fantasia de mergullar a Israel con millóns de palestinos.

O Presidente Abbas ven de falar aquí mesmo hai un intre, e dixo que o centro do conflito israeli-palestino son os asentamentos. Ben, iso é estraño. O noso conflito estivo durando durante case medio século antes de que houbese un só asentamento en Cisxordania. Entón se o que o Presidente Abbas esta dicindo era certo, entón eu supoño que os asentamentos acerca dos que o esta falando son Tel Aviv, Haifa, Jaffa, Beer Sheva.

Quizais iso é o que o quixo dicir o outro dia cando dixo que Israel estivo ocupando terra palestina durante 63 anos. El non dixo desde 1967; dixo desde 1948. Eu espero que alguén se moleste en facerlle ao esta pregunta debido a que ilustra unha simple verdade: O centro do conflito non son os asentamentos. Os asentamentos son un resultado do conflito.

Os asentamentos teñen que ser, é un tema que ten que ser encarado e resolto no curso de negociacións. Pero o centro do conflito sempre foi e desafortunadamente continua sendo o rexeitamento dos palestinos a recoñecer un estado xudeu en calquera fronteira.
Eu penso que é hora que os dirixentes palestinos recoñezan o que todo lider internacional serio recoñece, desde Lord Balfour e Lloyd George en 1917, ao Presidente Truman en 1948, ao Presidente Obama só dous dias atras aqui mesmo: Israel é o estado xudeu.
Presidente Abbas, deixe de dar voltas sobre este tema. Recoñeza ao estado xudeu, e faga a paz connosco. En a paz xenuína, Israel esta preparada para asumir dolorosos compromisos.

Nós cremos que os palestinos non deben ser nin os cidadáns de Israel nin os seus subditos.

Eles deben vivir nun estado libre propio. Pero eles deben estar listos, como nós, para o compromiso. E nós saberemos que eles estan listos para o compromiso e para a paz cando eles comecen a tomar seriamente os requirimentos de seguridade de Israel e cando eles deixen de negar nosa conexion historica coa nosa antiga patria.

Eu a miúdo escóitoos acusar a Israel de xudaizar Xerusalem. Iso é como acusar a America de americanizar Washington, ou aos ingleses de anglicizar Londres. Vostedes saben por que nós somos chamados "xudeus"? Porque vimos de Judea.

Na miña oficina en Jerusalem, hai un selo antigo. É un anel de selo dun funcionario xudeu da epoca da Biblia. O selo foi atopado xusto á beira do Muro Occidental, e se retrotrae a 2700 anos atras, á epoca do Rei Jizkiah. Agora hai un nome do funcionario inscrito no anel en Hebreo. O seu nome era Netanyahu. Ese é o meu apelido.

O meu primeiro nome, Benjamin, retrotraese un mil anos antes a Benjamin, Binyamin, o fillo de Iacob, quen foi tambien coñecido como Israel. Iacob e os seus 12 fillos andaron estas mesmos outeiros de Judea e Samaria 4000 anos atras, e houbo continua presenza xudia na terra desde entón.

E en canto a aqueles xudeus que foron exiliados da nosa terra, eles nunca deixaron de soñar con volver: os xudeu en España, na vispera da súa expulsion; os xudeus en Ucraína, fuxindo dos pogroms; os xudeus loitando no ghetto de Varsovia, mentras os nazis estaban rodeandolo. Eles nunca deixaron de rezar, eles nunca deixaron de anhelar. Eles rumorearon: O ano proximo en Jerusalem. O ano proximo na terra prometida.
Como Primeiro Ministro de Israel, eu falo por unhas cen xeracións de xudeus que estiveron dispersos a traves das terras, que sufriron cada mal baixo o sol, pero que nunca renunciaron á esperanza de restablecer a súa vida nacional no unico estado xudeu. Damas e cabaleiros, eu continuo esperando que o Presidente Abbas sexa o meu socio na paz. Eu traballei duro para promover esa paz. O dia que asumi o cargo, eu pedin negociacións directas sen precondicions. O Presidente Abbas non respondeu. Eu delinee unha vision de paz de dous estados para dous pobos. El aínda non respondeu. Eu eleminei centos de barricadas e postos de control, para facilitar a liberdade de movementos nas zonas palestinas; isto facilitou un fantastico crecemento na economia palestina. Pero novamente ningunha resposta. Eu tomei o paso sen precedentes de conxelar as novas construcións nos asentamentos durante 10 meses. Ningun primeiro ministro fixo iso antes, xamais. Unha vez mais vostedes aplauden, pero non houbo resposta. Ningunha resposta.

Nos ultimos meses, funcionarios americanos promoveron ideas para recomenzar as conversacións de paz. Houbo cousas naquelas ideas acerca de fronteiras que non me gustaron. Houbo cousas alli sobre o estado xudeu que eu estou seguro que aos palestinos non lles gustaron.

Pero con todas as miñas reservas, eu estiven disposto a avanzar sobre estas ideas americanas.

Presidente Abbas, por que vostede non se une a min? Nós temos que deixar de negociar acerca das negociacións. Sigamos simplemente adiante con iso. Negociemos a paz.
Eu pase anos defendendo a Israel no campo de batalla. Eu pasei decadas defendendo a Israel no tribunal da opinion publica. Presidente Abbas, vostede dedicou a súa vida a promover a causa palestina. Debe este conflito continuar por xeracións, ou poderemos nós, os nosos fillos e os nosos netos falar nos anos por diante acerca de como nós atopamos unha forma de terminalo? A iso debemos apuntar, e iso é o que eu creo que nós podemos conseguir.

En dous anos e medio, nós reunímonos en Jerusalem só unha vez, aínda cando a miña porta estivo sempre aberta para vostede. Se vostede o prefire, eu irei a Ramallah. De feito, eu teño unha suxestión mellor. Ambos voamos miles de kilometros a New York. Agora estamos na mesma cidade. Nós estamos no mesmo edificio. Entón reunamonos aqui hoxe nas Nacións Unidas. Quen esta alli para deternos? Que que nos pode deter? Se nós queremos xenuinamente a paz, que hai que nos impida reunirnos hoxe e comezar as negociacións de paz?

E eu suxiro que nós falemos abertamente e honestamente. Escoitemos o un ao outro. Fagamos como dicimos no Medio Oriente: Falemos "dugri". Iso significa francamente. Eu direille a vostede as miñas necesidades e preocupacións. Vostede dirame as súas. E coa axuda de Deus atoparemos a base comun para a paz.

Hai un vello refran arabe que di que vostede non pode aplaudir cunha soa man. Ben, o mesmo ocorre coa paz. Eu non podo facer a paz só. Eu non podo facer a paz sen vostede.

Presidente Abbas, eu estendo a miña man, a man de Israel en paz. Eu espero que vostede agarre esa man. Ambos somos fillos de Abraham. O meu pobo chámao Avraham. O seu pobo chámao Ibrahim. Nós compartimos o mesmo patriarca. Nós moramos na mesma terra. Os nosos destinos estan entrelazados. Realicemos a vision de Isaias (Isaias 9:1en Hebreo) "O pobo que camiña na escuridade verá unha gran luz". Que esa luz sexa a luz da paz

23 de Setembro de 2011