Por Andrés Pavón
El Progreso
O pasado sábado, 3 de setembro, tiven a fortuna de acodir a Monforte de Lemos á Xornada da Cultura Xudía. Ao innato atractivo do casco vello da cidade, engadirónselle as excepcionais explicacións de Felipe Aira no percorrido guiado polas casas e rúas nas que hai testimonio documentado da presenza de familias hebreas. Se cadra, de cara a vindeiras edicións estaría ben darlle máis contido á xornada (conferencias, concertos de música sefardí...) pero vista a afluencia de público, non cabe dúbida de que estamos no bó camiño. A colaboración de Ribadavia e a posible elaboración de viños Kosher na Ribeira Sacra, noticias ambas aparecidas neste diario, invitan ao optimismo.

Aló polo mes de xuño, e tamén en Monforte, tivo lugar o I Shabbat Gastronómico organizado pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI. Daquela foi o técnico municipal X. Martínez quen sabiamente nos guiou polas rúas nas que se escribiu a Historia xudía de Lemos. Tamén desfrutamos -da man mestra de Martín, o cociñeiro do Grelo, asesorado nas receitas polo amigo compostelán Xabier Barreiro- dunha comida similar ás que inxerían os monfortinos hebreos na Idade Media.
Ámbolos dous actos -nos que os responsables municipais colaboraron activamente- foron un éxito e van ter continuidade nos próximos anos posto que sacan á luz unha parte fundamental do patrimonio histórico e cultural da cidade e da comarca que estaban certamente esquecidos.
Atrás queda aquela pintada co emblema da nazi Schutzstaffel (SS) que apareceu hai ano e medio nun lateral da igrexa de San Vicente e que avergoñaba a un dos principais monumentos da cidade do Cabe. Agora a situación cambiou radicalmente e podemos estar orgullosos de que Monforte estea plenamente asentado na Rede de Xuderías e de que recupere a memoria daqueles lemeses de relixión xudea que tamén contribuiron a construir a cidade e que, por causa da sinrazón e da inxustiza, tiveron que marchar da súa terra.
E, coido, un aspecto a destacar foi o feito de que ningún exaltado viñese a insultarnos ou a boicotear os actos a pesares da ostensible presenza de bandeiras de Israel e de Estrelas de David e dos tristes e encendidos odios que ditos símbolos espertan nalgúns. E eso, se cadra, é o máis importante xa que podería indicar que comezamos a asumir o noso pasado e a alonxarnos de certos tópicos baseados na falta de información. Mazel Tov.