De dereita a esquerda, Gil Cidrón, Marcelino Otero, Samuel Epstein, Raphael Schutz e Francisco Linares, antes do encontro empresarial.
Onte luns e na que foi a súa derradeira actividade ao fronte da Embaixada, tivo lugar en Vigo un Encontro empresarial coa presenza do embaixador Raphael Schutz organizado pola Cámara de Comercio Galicia-Israel xunto ao Club Finaciero de Vigo. Durante a súa intervención o Sr.Schutz manifestou que "a economía galega e a israelí son complementarias".Schutz reuniuse no Club Financeiro de Vigo con perto dun cento de empresarios vigueses para estudar as múltiples posibilidades de negocio entre ambos países. No encontro estivo acompañado por Gil Cidrón, presidente da Cámara de Comercio Hispano-Israelí; Francisco Linares, presidente da delegación en Galicia deste organismo; e Marcelino Otero, presidente do Club Financeiro de Vigo.
A balanza comercial entre España e Israel está igualada, con 1,7 millóns de euros de intercambio en 2010, con todo, en Galicia hai unha clara vantaxe galega grazas as exportacións de Inditex no téxtil e de Citroën na automoción. Por este motivo, Israel considera que a industria galega tradicional, especialmente a do sector relacionado co mar, é o destinatario perfecto da súa tecnoloxía punta. Así mesmo, salientouse a complementariedade do sector turístico entre ambos países. "Estamos a estudar circuítos polas diferentes xudarías de Galicia para que os israelís coñezan as súas raíces aquí" e destacou tamén que Israel ofrece o seu destino turístico, máis aló do aspecto relixioso.
Gil Cidrón considerou que existe unha "gran oportunidade" no sector da alimentación galego se implantan a certificación Kosher "unha auténtica ISO-Biblica que garante que os produtos cumpren os preceptos do xudaísmo e representa en moitos mercados sinónimo de calidade". "En EE.UU por exemplo o 40% dos alimentos levan a certificación, polo que pode resultar interesante para as empresas galegas que queiran exportar a Israel e non só a Israel".
Salientar entre os asistentes a presenza de Manuel J.Fernández Iglesias, vicereitor de Relacións internacionais da Universidade de Vigo así como diversas personalidades como o ex alcalde de Vigo, Manuel Pérez, o ex deputado e concelleiro Miguel Barros ou o enxeñeiro forestal e director do grupo de investigación AF4 da UVIGO, Enrique Valero, quen manifestou o amplo campo de traballo forestal entre Galicia e Israel.
Para máis información: samuel.epstein@galicia-israel.com