25/06/11

Comunicado de AGAI



A denominada “Flotilla de la Liberad” só beneficia a Hamas

A autodenominada Flotilla da Liberdade que pretende romper o bloqueo sobre a Franxa só conseguirá beneficiar a Hamás. Co cal a aparente pretensión humanitaria dos promotores da Flotilla é máis que dubidosa.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos salientar entre outros datos que desde o 1 de xaneiro de 2011 entraron en Gaza unha media de 250 camións de mercaduría cada semana e que cada mes entran no territorio 13,5 millóns de euros que xestiona a axencia da ONU para os refuxiados.


A Franxa de Gaza non vive nin unha crise humanitaria nin un bloqueo humanitario, senón un bloqueo lamentablemente necesario para impedir a entrada de armas, polo que é evidente que o obxectivo da Flotilla é realmente deslexitimar ao Estado democrático de Israel xa que se o obxectivo real fora entregar a axuda humanitaria, os promotores poderían empregar as canles legais establecidos para iso e poderían facer cegar todo o material vía terrestre.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos lembrar que a expedición non conta co apoio do Goberno español, que desaconsellou aos seus cidadáns que participen na Flotilla, nin tampouco coa do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki Moon, quen remitiu unha carta aos gobernos de países do Mediterráneo para instarlles a pedir aos seus cidadáns que non se embarquen na autodenominada Segunda Flotilla da Liberdade.
Na carta, Ban Ki Moon, deixa claro que a axuda humanitaria debe chegar ao territorio que controla o movemento islamita Hamás mediante "os pasos lexítimos e as canles establecidas", o que na práctica significa a través de Israel ou de Exipto.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI queremos lembrar que o levantamento total do bloqueo está por completo en mans do grupo islamista Hamas.

Se Hamas renuncia ao terrorismo, recoñece o dereito a existir do Estado de Israel e recoñece a lexitimidade da ANP en todos os territorios palestinos, o bloqueo sería innecesario.

Mentres isto non sexa así, o Estado democrático de Israel actua na defensa e seguridade dos seus cidadáns como actuaría calquera outro estado soberano nunha situación semellante.

Vigo, 25 de xuño de 2011