09/03/11

Carta aberta a Abel Caballero do profesor André-Louis Sanguin


Por André-Louis Sanguin*
.
Proposta de atribuír o nome dunha rúa de Vigo ao Dr. Eduardo Martínez Alonso (1903-72).
.
Exmo Sr. Alcalde,
.
O seu ilustre compatriota, o Dr. Eduardo Martínez Alonso, desempeñou un papel capital durante a Segunda Guerra mundial na salvación de xudeus que fuxían da barbarie nazi e do seu programa de morte industrial. Despois da súa perigosa travesía dos Pireneos, el conseguiu, por diversos medios, facelos saír do pesadelo a través de Redondela para a Gran Bretaña ou a través de Guillarei con destino a Portugal. Por este xesto coraxoso e arriscado el deulls, durante este período difícil do pasado século XX, unha gran lección de humanidade e de axuda aos seus irmáns humanos en perigo. "Calquera que salva unha vida, salva todo o universo".
.
Vigo, a cidade natal do Doutor Eduardo Martínez honrarase de outorgarlle a unha rúa do seu territorio municipal o nome dun dos seus fillos máis gloriosos que foi un combatente da liberdade.
As miñas investigacións sobre a fuxida dos xudeus a través dos Pireneos durante a Segunda Guerra Mundial leváronme até a figura nobre e xenerosa de Eduardo Martínez.
.
Para todo cidadán amante da democracia e da liberdade, Eduardo Martínez é un modelo ao que todos lle debemos a nosa gratitude e respecto.
.
Agradecendo de antemán a atención prestada, reciba, Sr. Alcalde, o meu caloroso saúdo.
.
*André-Louis Sanguin é profesor na Universidade de París IV-Sorbonne de Xeografía política e Historia do pensamento xeográfico