Por Pedro Gómez-Valadés
.
Os pobos e as cidades, como grupos humanos que son, honran e se honran a si mesmos cando actúan con xustiza, cando obran con respecto e recoñecemento. Que unha cidade recoñeza o valor dun dos seus por algunha achega á calquera faceta da vida común é un dos máis nobres exercicios de civismo que pode manifestar. Recentemente foi presentada –oficialmente e por rexistro– a petición, a solicitude de que Vigo recoñeza e honre como é debido a un dos seus fillos máis grandes. Se entendemos a grandeza na consecuencia positiva que os actos poidan ocasionar. Eduardo Martínez Alonso, vigués da rúa Areal, contribuíu durante os escuros anos da posguerra española e durante a II Guerra Mundial a salvar a milleiros de seres humanos que fuxían aterrorizados da barbarie exterminadora do holocausto nazi. Milleiros de fuxitivos xudeus de toda Europa foron acollidos, agochados e trasladados pola rede creada e mantida por este vigués exemplar. Desde a fronteira dos Pireneos ate o río Miño, pasando por Vigo e Redondela, estas vítimas da barbarie xenocida nazi pola simple condición de seren xudeu salvaron a súa vida e salvaron a vida dos seus descendentes grazas a enteireza, a nobreza e grandeza de espírito dun doutor vigués.

Vigo debe recoñecer – aínda que sexa con máis de sesenta anos de retraso –, o seu respecto e admiración por quen foi veciño noso en tempos terríbeis e escuros para a humanidade. Rúa Eduardo Martínez Alonso. Porque hai un dito xudeu que di: "Quen salva unha vida, salva un mundo enteiro". Milleiros de seres humanos débenlle en grande parte a súa vida e a dos seus fillos, dos seus netos, dos seus bisnetos... a un vigués. Vigo débelle un recoñecemento público.
.