Durante a pasada viaxe de AGAI a Israel, fixemos entrega na biblioteca do Yad Vashem en Jerusalem dun exemplar da nosa revista De Compostela a Ierushalem así como tamén un exemplar do imprescindíbel libro Los Judios en el Reino de Galicia do profesor José Ramón Ónega. Libro que vense a engadir ao que no ano 2008 tamén entregamos no Yad Vashem da profesora Gloria de Antonio, Los Judios en Galicia 1044-1492.
.Desde o Yad Vashem, o Museo do Holocausto en Jerusalem remítenos hoxe esta carta de agradecemento que máis arriba publicamos.
.Desde AGAI queremos salientar a importancia de que a pequena-gran historia dos xudeus en Galicia, dos xudeus galegos, sexa coñecida, recoñecida e estudada. Tanto en Galicia como en Israel. A presenza destes dous imprescindíbeis e monumentais libros, entendemos que contribuirá sen dúbida a un mellor coñecemento e a un maior achegamento entre Galicia e Israel. Sobra dicir da enorme importancia académica e divulgativa que a Biblioteca do Yad Vashem ten para todo o Mundo Xudeu.