"O valor da diplomacia"
Mércores 20 de outubro ás 19:00 horas
Mércores 20 de outubro ás 19:00 horas
Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n.
Rúa Valle Inclán, s/n.
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 629
.
O eixe desta conferencia é a reivindicación do papel da diplomacia e o diálogo na procura da resolución de conflitos internacionais. Sen a inxenuidade de formular que só a diplomacia o resolve todo (de feito os grandes logros da diplomacia foron posibles só despois de que as partes en conflito esgotaran o camiño da confrontación bélica), desde os tempos de Metternich a diplomacia foi o camiño para a creación de esquemas de convivencia a nivel global (o Concerto Europeo do Século XIX, a creación da ONU, a idea da lexitimidade internacional como freo ao unilateralismo militarista, etc.).
* Shlomo Ben-Ami. Diplomático israelí. Naceu en Tánxer, Marrocos, en 1943. Tras os seus estudos en Tel Aviv e Oxford, ensinou Historia na Graduate School of History de Tel Aviv e en 1986 fíxose cargo da cátedra Elias Sourasky de Estudios Españoles y Latinoamericanos. En 1992 impartiu clases en Washington. Entre as súas obras de investigación destacan “The Origins of the Second Republic in Spain” (1978) e “Fascism from Above” (1983). Como político e diplomático, a súa actividade estivo sempre ligada á máis firme crenza no diálogo, o recoñecemento mutuo e os valores éticos da diplomacia. De 1987 a 1991 foi embaixador de Israel en España. Membro da delegación israelí na Conferencia de Paz de Madrid en 1993, nese mesmo ano creou en Tel Aviv o Curiel Center for International Studies e foi elixido deputado. En 2000 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores de Israel e participou, co primeiro ministro Barak, no Cumio de Camp David. En 2001 publicou en Francia “Quel avenir pour Israel?”, unha lúcida análise da situación palestino-israelí e dos dilemas internacionais que debe afrontar o Estado de Israel. En 2005 apareceu o seu “Scars of War, Wounds of Peace. The Arab-Israeli Tragedy”, onde traza a historia do conflito árabe-israelí e da busca da paz. Na actualidade, Shlomo Ben Ami é vicepresidente do Centro Internacional de Toledo por la Paz.