02/06/10

Intervención do Representate permanente de Israel ante Nacións Unidas en Xenebra

O reprentante israelí Aharon Leshno Yaar conversa co seu homólogo palestino no comezo da sesión

.

Declaración da súa Excelencia Aharon Leshno Yaar, Representante Permanente de Israel ante Nacións Unidas, Xenebra

Consello de Dereitos Humanos
1º de xuño, 2010
Sr. Presidente,
Os resultados dos acontecementos de onte son tráxicos e desafortunados e, Israel, lamenta toda perda humana. Quixese salientar que, a pesar do desexo de moitos dunha rápida condena de Israel, sería apropiado focalizarse na cuestión central e importante; a imaxe máis ampla. Antes que calquera outra cousa, deberiamos preguntarnos se o encontro e o resultado de hoxe contribuirán nalgún modo a facer avanzar os obxectivos que, a maioría de vostedes, aquí sentados, con seguridade, aínda apoian. Debemos apontoar os esforzos das partes moderadas, para construír as recentes renovadas conversacións de paz, entre Israel e os palestinos. O importante é favorecer a reconciliación entre xudeus, árabes e palestinos e unha solución pacífica duradeira e xusta, que resulte estable e prospera.

Debemos apoiar aos moderados palestinos e árabes e rexeitar, con firmeza, o apoio a radicais e a Hamas. É importante lembrar que, a Franxa de Gaza, está, aínda, controlada por unha organización terrorista que derrocou á Autoridade Palestina nun golpe violento; unha organización que rexeita aceptar as demandas internacionais de recoñecemento a Israel e frear os actos terroristas contra civís israelís. E é importante, ademais, lembrarlles que, un soldado israelí secuestrado, aínda permanece en cativerio en Gaza. Este mes cumpriranse catro anos, sen ningún contacto co mundo exterior e que, o indiscriminado disparo de mísiles e morteiros contra civís israelís continúa.

Sr. Presidente,
Onte contei a membros deste Consello que resumiría máis pormenores cando estivesen á nosa disposición. Ademais, instei o Consello a evitar tirar conclusións apresuradas antes que, a información, fose dada a coñecer a todos nós. Creo que hoxe, sabemos un pouquiño máis.

Sr. Presidente,

Nas primeiras horas do 31 de maio, o persoal naval israelí abordou a unha flotilla, de seis naves, que tentaban violar o bloqueo marítimo de Gaza. O asalto contra as forzas israelís foi un acto premeditado, por parte de membros de IHH, grupo organizado turco coñecido por ter unha orientación radical anti-occidental. Xunto coas súas lexítimas actividades humanitarias, IHH apoia ás redes radicais islámicas. IHH profesou, de modo público, conexións coa Irmandade Musulmá de Exipto e con Hamas, e foi actor central na recolección de fondos e financiamento, en todo o mundo para esas estruturas. O ataque aos soldados israelís foi, máis aló de toda dúbida, premeditado. As armas usadas foron preparadas por adiantado. Bulent Yildirim, líder de IHH anunciou, xusto antes de embarcarse: "Imos resistir e a resistencia gañará". Non eran unha misión humanitaria senón unha de provocación e incitación. Usaban coitelos e garrotes, e pegaron a dous soldados. As forzas israelís non tiñan máis opción que defenderse a si mesmos.

É importante lembrar que, todas as outras naves da flotilla, reaccionaron de xeito pacifico á operación e foron acompañadas, chegando ilesas a Israel, coa mesma práctica que con naves anteriores que tentaron violar o bloqueo marítimo.
Sr. Presidente,
Israel ten xustificación, baixo a Lei Internacional, por actuar contra a flotilla. Existe un estado de conflito armado entre Israel e o réxime de Hamas que controla Gaza. Hamas lanzou 10.000 mísiles contra civís israelís. No presente, está comprometido no contrabando de armas e subministracións militares cara a Gaza, por terra e mar, fortificando as súas posicións e continuando os seus ataques. Baixo a lei internacional, Israel ten dereito de protexer as vidas dos seus civís dos ataques de Hamas. En consecuencia, adoptou medidas para defenderse a si mesmo, incluíndo a imposición dun bloqueo marítimo co obxectivo de frear ao rearmamento de Hamas. A lei internacional estipula que se pode impor un bloqueo por mar, incluíndo en augas internacionais, na medida en que non peche o acceso a portos e costas de estados neutrais. Máis aínda, os manuais navais, de varios países occidentais, recoñecen o bloqueo marítimo como unha medida naval efectiva e expoñen variados criterios que fan que, sexa válido, incluíndo o requirimento de notificar sobre a súa existencia. Israel advertiu, de modo reiterado, aos barcos participantes da flotilla, en liña coas súas obrigacións baixo a Lei Internacional, que había un bloqueo marítimo na costa de Gaza e, aos navíos, déuselles o debido aviso das súas coordenadas exactas, todo dentro das canles marítimas aceptados de maneira internacional.
Máis aínda, Israel proveu de notificación apropiada aos gobernos afectados e aos organizadores da flotilla de protesta que se dirixía cara a Gaza. As naves, que participaban da flotilla de protesta, foron advertidas de maneira reiterada, en tempo real, desde o punto de partida até o punto de intercepción que o bloqueo marítimo existía. Debería destacarse que, baixo a lei habitual, o coñecemento do bloqueo debe ser suposto unha vez que se declara e a notificación apropiada fose outorgada, como se expresa anteriormente. Un Estado pode tomar acción para facer cumprir o bloqueo. Calquera nave que viola, ou tenta violar, un bloqueo marítimo debe ser capturada e, mesmo, atacada baixo a lei internacional. O Manual do Comando Estadounidense sobre as Operacións de Lei Naval expón que, unha embarcación, é considerada que tenta infrinxir un bloqueo desde o momento en que parte desde o seu porto coa intención de violar o bloqueo.
Baixo a lei internacional aplicable, a captura dunha nave -tentando infrinxir un bloqueo naval- pode ser realizada en augas internacionais, antes da entrada á zona bloqueada. Tal como declarei só fai uns momentos, as intencións dos membros de IHH a bordo da flotilla, tiña o propósito, claro, de violar o bloqueo desde moito antes da súa partida, e os que protestaban indicaron a súa clara intención de rachas o bloqueo por medio de declaracións escritas e orais. Antes de tomar medidas de aplicación, foron transmitidas advertencias explícitas e directas aos capitáns dos navíos, expresando a intención de Israel de exercer o seu dereito de facer cumprir o bloqueo. A lei internacional permite, ademais, que Israel prescriba a disposición técnica, incluíndo a investigación, baixo a cal se autorice a pasaxe, asegurando que, ningún medio sexa transferido para beneficiar ao inimigo, senón á poboación civil.
Aos barcos foilles ofrecido, de modo reiterado, amarrar as súas naves no porto israelí de Ashdod, e transferir a súa axuda a través dos pasos terrestres existentes, dacordo cos procedementos de seguridade establecidos. Pero os nosos intentos foron rexeitados de maneira concluínte. Para aqueles que estean interesados, poden atopar un documento legal israelí ao fondo da sala que describe, de modo breve, a lei aplicable aos acontecementos no Mediterráneo oriental.
Sr. Presidente,

A maneira na que Israel foi retratado vai en contra do que, en verdade, ocorreu. Os organizadores da flotilla deixaron en claro que, o seu principal obxectivo, era apuntar cara ao bloqueo marítimo. A voceira da flotilla, Sra. Berlin, dixo á prensa (27 de maio) que "esta misión non tentaba entregar subministracións humanitarias senón romper o bloqueo israelí". Declaracións similares foron expresadas en entrevistas ao xefe de IHH, Bulent Yildirim.

Israel tentou tomar o control das naves interceptando a flotilla por medios pacíficos e en forma ordenada, a fin de facer cumprir o bloqueo. As forzas israelís adoptaron as medidas necesarias para capturar ás naves nunha operación que indica, de maneira clara, vixilancia e proporcionalidade. Moitos viron as fotografías. Os vídeos están ao seu dispor. A xente no sexto e maior barco non eran manifestantes pacíficos. A súa reacción foi premeditada, organizada e violenta. Moi violenta. Utilizaron barras de metal e coitelos de caza. "Linchamento" é a palabra utilizada polos xornalistas que cubriron o incidente. Ademais, quedou claro -desde as imaxes que vin- que os soldados fixeron todos os esforzos para evitar usar municións de foro real, e usáronas só cando non tiveron outra alternativa; cando as súas vidas foron ameazadas. A xente que os rodeou non eran activistas pola paz, eran un grupo de linchamento. E iso é o que causou os tráxicos acontecementos.

Sr. Presidente,

Tal como declarrei onte, o cargamento da flotilla está en proceso de ser descargado no porto de Ashdod. Os obxectos de uso humanitario serán transferidos, por terra, a Gaza, de acordo cos procedementos normais de funcionamento. O Estado de Israel está a cumprimentar, por completo, as súas obrigas baixo a lei internacional con respecto á xente, a bordo dos barcos, capturada. Os cidadáns estranxeiros están a ser tratados polo Ministerio de Asuntos Internos a fin de proverlles a súa repatriación e, os feridos, foron evacuados a hospitais en Israel. Os activistas sospeitosos de ter atacado ás forzas israelís serán investigados e tomaranse as medidas legais necesarias.
Sr. Presidente,
A perda de vidas é tráxica. Pero quixese preguntar a este Consello se o que están a facer hoxe, aquí, contribúe ao fortalecemento dos moderados ou a alcanzar a paz. Saben, mellor ca min, cal é a resposta a ese interrogante. Este Consello, mediante as súas accións outorga poderes a Hamas e debilita á Autoridade Palestina. Isto podería hoxe dar algunha satisfacción pero non ofrece ningunha esperanza, ningunha promesa para o mañá ou o futuro.

Moitas grazas.