18/06/10

Entrevista con David Hatchwell no JPost


Entrevista de Benjamín Weinthal con David Hatchwell Alataras no The Jerusalem Post
Líder xudeu español promove a solidariedade activa con Israel
The Jerusalem Post - 17/06/2010
.
David Hatchwell Altaras, de volta en casa, ataca duramente as accións antiisraelíes. David Hatchwell Altaras, actual vicepresidente da Comunidade Xudía de Madrid, de 10.000 membros, forma parte dun novo grupo de líderes xudeus españois, que inclúe a Sam Bengio, presidente da comunidade, que están a tratar de consolidar a relación entre os xudeus españois e Israel. Falando en Tel Aviv, Hatchwell Altaras manisteou onte a The Jerusalem Post, que "a diáspora ten un novo gran desafío: tentar transmitir a realidade de Israel e loitar lado a lado con Israel, dun xeito organizado, contra as intensas campañas de deslexitimación en marcha. "Xudeus e non xudeus teñen un papel moi importante que xogar", dixo. "España está á vangarda dos esforzos de deslexitimación" e sinalou que en Madrid, o pasado mércores, apareceron cubrertas todas as cabinas telefónicas con carteis coa lenda "boicot a Israel". David Hatchwell pasou unha boa parte do seu tempo en Tel Aviv, chamando á empresa que teñen o concesionario das cabinas para informarlles de que os carteis son "ilegais e promoven o odio." A empresa das cabinas comezou a retirar os carteis, dixo. David Hatchwell criticou duramente á Federación de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais de España, por excluír a unha delegación de gais israelíes que foran convidados para participar, en Madrid, do desfile do "orgullo gay". "É vergoñento, porque un evento que, suponse, é para celebrar a diversidade, a tolerancia e a liberdade está a caer na "política correcta" de illar á única democracia de Medio Oriente, onde o dereitos gai avanzaron, a diferenza de calquera outro estado da rexión", dixo.
.
David Hatchwell, de 42 anos de idade, fixo fincapé en que grande parte da sociedade española comparte "os valores comúns dos dereitos humanos, a democracia e a pluralidade" con Israel, pero hai "moita parcialidade nos medios de comunicación" en España. Criticou tamén ao goberno español pola súa reacción "reflexa" de interceptar a flotilla de Gaza. O goberno español debería ser "moito máis ecuánime e tomar máis distancia... os activistas de IHH atacaron ás forzas israelíes, co obxecto de obter un resultado específico", manifestou Hatchwell Altaras. Considera á campaña en España como parte dun esforzo, "orquestrado" por Irán, Hamas e Hezbollah, para desposuír a Israel do seu dereito a existir. "O antisemitismo español é unha mestura de ignorancia sobre o xudaísmo e de antiisraelismo, que é bombardeado todos os días a través da televisión, a prensa e en Internet." Hatchwell dixo tamén que as autoridades españolas "non son severas" cando se trata de combater o antisemitismo. Estímase que hai 20.000 xudeus en España. Hatchwell Altaras e Sam Bengio, o presidente da comunidade de Madrid, a maior comunidade xudía de España, foron elixidos hai dous anos. "O antisemitismo está, claramente, aumentando en todo o mundo occidental. Trátase dunha reaparición do vello virus nunha nova forma, enfocada contra Israel", dixo Hatchwell Altaras. A semana pasada tivo lugar unha violenta actividade antiisraelí, cando unha turba de ao redor de 200 activistas antiisraelíes atacou a cietíficos e empresarios israelíes, nunha conferencia sobre enerxía renovable patrocinada pola Cámara de Comercio España-Israel, na Universidade Autónoma de Madrid. Hatchwell Altaras manifestou ao Post que o grupo tratou de "linchar" a un dos cietíficos e que lle arroxaron unha choiva de pedras". Criticou ao decano da universidade por minimizar o ataque e por non condenar o estalido de violencia antisemita. No entanto, David Hatchwell dixo que "hai unha chea de xente que cre no que Israel defende" e avoga por unha maior comunicación e educación dos medios de comunicación, para "mostrar os valores que Israel e os xudeus defenden: a pluralidade, tikkun olam (arranxar o mundo), a diversidade, a defensa dos dereitos das minorías, o amor á vida, a tradición e a determinación".
.
http://www.jpost.com/Home/Article.aspx?id=178676