Segundo publica un recente informe do Bureau Central de Estatísticas o salario medio mensual en Israel situouse en xaneiro nos 8397 shekels (1702 euros). Este valor representa unha suba de 7,4% en relación ao mes de outubro do ano pasado, e é un mais dos moitos sinais de que a economia israeli está a sair rapidamente da curta e pouco acentuada recesión de 2009. Por sectores, verificase que a banca e os seguros pagan os salarios máis altos, cunha media mensual de 19576 shekels (3969 euros). A restauración e a hostelaria pagan peor, cunha remuneración média de 3997 shekels (810 euros). Nos outros sectores de actividade, os salarios medios mensuais varian bastante: administración pública 14128 shekels (2864 euros); industria 11329 shekels (2297 euros); transporte 9828 shekels (1993 euros); servizos 8761 shekels (1776 euros); comercio 7554 (1532 euros); construcción 7523 shekels (1525 euros); saúde 6941 (1407 euros); educación 6466 shekels (1311 euros); e agricultura 5582 shekels (1132 euros).
Fonte: Lisboa - Tel Aviv
Fonte: Lisboa - Tel Aviv