01/03/10

Adoutrinando aos cativos no antisemitismo


«Los judíos matan por dinero». «Evacuad el país para los palestinos». «¿No os da pena matar a los bebés?». «Marchaos a otro lugar donde os acepten».


Centos de postais con mensaxes como estes chegan desde hai un tempo á Embaixada de Israel en España. Pero o máis sorprendente do caso é que as postais están asinadas por cativos españois de todas as idades -desde os 5 en diante- e moitas delas van acompañadas co membrete de diversos colexios públicos. Incribel, pero no sistema de educación pública español estase adoutrinando no odio e no antisemitismo máis rancio. As misivas están dirixidas ao embaixador de Israel en España e están escritas cun vocabulario e cunha caligrafía infantil, inclúen debuxos e, algunhas, o nome do centro onde estudan os raparigos. Por exemplo, unha das postais, asinada por un rapaz chamado Eider, está datada o pasado 1 de febreiro e enviada desde o colexio público El Castell, situado na localidade valenciana de Almoines.

«Señor embajador -di a postal-, tendrías que pensar un poco en los demás y no matar a mayores y pequeños. No se como no te da pena matar a bebés. Si alguien de los dos tiene que irse [en referencia a israelís e palestinos], lo justo será iros vosotros porque es su lugar y no el vuestro». Sergio, de 9 anos, pregunta: «¿Por qué matais por dinero?». Un terceiro cartón reza: «Soy Carlos, de 9 años. ¿Podeis dejar tranquila a la gente de Gaza?».

Evidentemente trátase dunha campaña orquestrada desde algúns colexios públicos porque está claro que os nenos a esa idade non entenden moito de política internacional... Seica os rapaces asisten a charlas de organizacións propalestinas no centro e logo "os educadores" instanlles a asinar e enviar as cartas.

Desde a Embaixada de Israel respondeuse cunha protesta formal enviada aos Ministerios de Exteriores e de Educación. Por outra banda representantes do Goberno israelí tamén mostraron a súa preocupación e malestar á embaixada española en Jerusalem.

Segundo a Embaixada de Israel, en outras ocasións cartas dirixidas aos ministerios de Exteriores e de Educación sobre este tipo de feitos nunca tiveron ningún tipo de resposta e xa que logo, agora desde o Ministerio de Exteriores israelí decidiron dirixirse directamente ao embaixador español en Jerusalem.