06/02/10

Cinco perlas a propósito do documental "Borrados del mapa"

Un grupo de activistas de Free Gaza, atopábanse na Faixa de Gaza cando Israel iniciou o operativo denominado Chumbo Fundido, en resposta aos constantes lanzamentos de mísiles, morteiros e todo tipo de proxectís, que os grupos armados palestinos levaban facendo con total impunidade, especialmente desde o retirada total por parte de Israel de Gaza no ano 2005. O documental, baixo a dirección inicial de Alberto Arce e Miguel Llorens, mostra escenas de destrución, propias de calquera documento gravado durante unha guerra, ademais de declaracións dalgúns personaxes protagonistas. Neste texto queremos rescatar 5 escenas. Son os comentarios dalgúns personaxes, verdadeiras perlas que deixan moi clara a batalla da propaganda e da manipulación da que Hamas é mestre, coa complicidade incomprensible de grande parte dos nosos medios de comunicación. Nomeadamente no caso que nos ocupa da televisión pública española, TVE.

****

01. O veo islámico

A xornalista Ewa Jasiewicz en 1 minuto resume a claudicación dunha muller fronte aos máis de 100 anos de loita feminista pola igualdade social entre as mulleres e os homes. O tema é o uso do veo islámico. A súa "argumentación" é un insulto á razón.

02. As volantinas

En 1 minuto e oito segundos a información que nos da un neno palestino bota por terra o escepticismo cando non directa negación de algúns medios de comunicación españois prol-palestinos, que negaban a existencia de volantinas lanzadas polas IDF, avisando á poboación palestina que una zona ia ser bombardeada pola presenza de elementos armados na mesma.

03. Os nenos mártires

En 25 segundos queda reflectido o drama da infancia palestina. Non son os nenos mortos ou feridos polas bombas israelíes. É o envelenamento da mente dunha rapaza pola ideoloxía do fanatismo islámico, pola propaganda sobre a fascinación da morte, do mártir, do martirio redentor.

04. A mesquita

A mesma periodista Ewa Jasiewicz en 55 segundos, logo de encherse o bandullo cunha ensalada, lanza unha homilía/sermón sobre a función social das mesquitas. Non só é un insulto á razón senon que ademáis é unha negación da realidade. A mesquita bombardeada era un depósito de armas e explosivos, perfectamente documentado mediante un video aereo gravado polas IDF.

05. A comisaría

En 55 segundos fica moi clariño unha das cuestións máis controvertidas deste operativo: as mortes de civís. As IDF xa denunciaran insistentemente que os enfrontamentos eran con civís armados, os denominados milicianos palestinos polos medios de comunicación españois