15/01/10

Holocausto. Por Alfonso Zapico

Nestes días nos que o 27 de Xaneiro, Día Internacional de Recordo das Vítimas da Shoá fica próximo, eis un imprescindíbel traballo en comic do debuxante asturiano Alfonso Zapico, editado polo grupo "Zivia Lubetkin" que podes e debes descargar íntegro en pdf e de balde AQUI

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI animamos a todos os que sodes mestres a empregalo como material docente cos vosos alumnos. Ademais de felicitar tanto ao autor do mesmo como a Zivia Lubetkin pola magnífica iniciativa.

"Auschwitz foi un proxecto de esquecemento: non tiña que quedar nin rastro. Sen soporte físico, debía desaparecer a significación cultural do pobo xudeu e a súa contribución á historia da humanidade. Tratábase de producir un crime de tal magnitude que, aínda que alguén escapase da cámara de gas e dese testemuño, ninguén lle crería pola desmesura do acontecemento. E, aínda que o cresen, tratarían de esquecelo porque telo presente era vivir cun fardo insoportábel". Manuel Reyes Mate

"Sei que a miña voz se perde no devastador ruído do tempo, agardo que as xeneracións vindeiras non nos esquezan" Violeta Friedman