X Xornada Europea da Cultura Xudía en Monforte de Lemos
Xornada de degustación de Gastronomía Xudía
Os días sábado e domingo (5 e 6 de setembro) poderán degustarse na rúa Falagueira de Monforte de Lemos moi variados manxares e doces típicos da cociña xudía en cinco casetas que estarán instaladas e abertas ao público no seguinte horario:
de 11:00 a 22:00 h
Colaboran os seguintes establecementos de restauración da cidade:
Restaurante Compañía, Restaurante do Lechu, Restaurante Kely, Restaurante Katanga e o Bodegón Ribeira Sacra.
Haberá tamén demostración de oficios, mostras fotográficas e a xa comentada degustación de gastronomía e doces xudeus.
Organiza a Rede de Xuderías-Camiños de Sefarad e o Concello de Monforte