04/09/09

A Xornada Europea da Cultura Xudía en Ribadavia


A Xornada Europea da Cultura Xudía en Ribadavia
.
Visitas guiadas para coñecer o Barrio Xudeu. Mitos e Lendas
Toda a verdade en torno á Xudería de Ribadavia.
Singular percorrido onde se visita a xudería e o Museo Sefardí de Galicia.
Duración: 30-45 min
Ofreceráse unha degustación de viño kosher e doces sefardíes despois de cada visita
6 de setembro, á 11 e 17 h
Saída desde a Oficina Municipal de Información e Turismo
.
Xornada de Portas Abertas:
Museo Sefardí de Galicia (CIXGA)
Un percorrido pola historia e a presenza hebrea en Galicia, cidades de asentamento, costumes, actos de convivencia, oficios e labores, persecución e integración
6 de setembro, de 10.30 a 14.30 h, e de 17 a 19.30 h
Pazo dos Condes. Centro de Información Xudía de Galicia.
Oficina Municipal de Información e Turismo
.
Inauguración oficial da Sinalización da Rede de Xuderías de España
Ribadavia, como membro da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, colocará a
sinalización que marcará a xudería e o seu ámbito.
Duración: 20 min
6 de setembro, ás 12 h
Rúa Merelles Caula (inicio na Praza Maior) cara a Praza da Magdalena
.
Conferencia: “O Malsín en Ribadavia”
O Centro de Estudos Medievais organiza unha conferencia sobre a figura do Malsín
6 de setembro, ás 12.30 h
Salón de Plenos do Concello de Ribadavia