17/07/09

Nota de Prensa


O pasado 15 de Xullo de 2009, os medios de comunicación de todo o mundo divulgaban un informe da ONG israelí Shovrim Shtika (Rompendo o silencio) no que ao longo de 110 páxinas denuncia que, durante a operación "Chumbo Fundido" (27 de decembro do 2008 - 17 de xaneiro do 2009), as tropas das Forzas de Defensa de Israel actuaron con brutalidade innecesaria á hora de levar a cabo os seus obxetivos militares. Esta información foi difundida coma certa polos medios de comunicación, ocasionando un gran escándalo a nível mundial. Así, por exemplo, o londinense The Times publica: "As descripcións dos soldados confirman a información anteriormente publicada por The Times durante a ofensiva, de que os soldados recibiran ordes de disparar primeiro e preguntar despois". Sen embargo, "confirmar" significa que hai probas que o demostran. Hainas neste caso? Hai algo sólido ao que aferrarse para dar por certa estas informacións?

.

A Asociación Galega de Amizade con Israel está integrada por máis de douscentos galegos e galegas que, voluntariamente, escollemos colaborar para fomentar na medida das nosas posibilidades as relacións entre Galicia e Israel, ademáis de recuperar o pasado xudeu de Galicia e alertar dos perigos da xudeofobia, entre outras. A nosa simpatía é, pois, cara o Pobo de Israel, non cara o Goberno que en cada época os israelíes escollan libremente, e polo tanto non varía en función de que no poder se atope unha ou outra cor política. Pero cando, coma neste caso, as institucións do Estado, vense gravemente difamadas, queremos expoñer toda a información á luz pública para que a sociedade galega decida con pleno coñecemento de causa.

.

Na democracia israelí existe unha ampla variedade de asociacións que teñen coma obxetivo vixiar e fiscalizar a actuación do seu Goberno, comprobando que, en cada actuación das institucións de Estado, se procede conforme á legalidade.

.

Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel, comprometidos coma estamos cos valores de liberdade e democracia que imperan en Israel, e que oxalá algún día se extendan aos países limítrofes, non podemos por menos que estar satisfeitos desa mostra de normalidade democrática que é a vixiancia cidadá das actuación gubernativas. Se a súa actuación consiste en denunciar posibles erros de xeito construtivo, con vista a mellorar o funcionamento das institucións públicas, a súa lexitimidade está fóra de toda dúbida. Porén, e co debido respeto para a ONG "Rompendo o silencio", neste caso danse varias circunstancias que presentar puntos moi escuros.

.

En primeiro lugar, e o máis importante, o informe de "Rompendo o silencio" non presenta nin unha sóa proba que o respalde. O único contido do mesmo son as declaracións anónimas de vinteseis soldado que afirman que participaron na operación militar en Gaza. Só se coñece a identidade dunha persoa, o sarxento reservista Amir. Sen embargo, este informe está a ser tomado coma plenamente certo por xornais de todo o mundo, sen proceder sequera a algo tan elemental, ainda que por desgraza hoxendía de capa caída, coma é o de contrastar a información. Sinceramente, é difícil imaxinar que un informe baseado en declaracións anónimas e sen probas merecese o mesma credibilidade en calquera outra situación.

.

En segundo lugar, o xeito de actuar da ONG parece abertamente desleal, e máis ca unha vontade de correxir erros o que denota é a intención de danar a imaxe pública das Forzas de Defensa de Israel. Despois de calquera operación do exército israelí, se algúen presenta queixas por unha actuación concreta, éstas son remitidas ao Ministerio de Defensa para que abra unha investigación que determine si están ou non fundadas, e en caso afirmativo, tomar as medidas pertinentes contra o soldado ou soldados implicados; arresto, degradación, e mesmo prisión, en función da gravidade do feito. Este é o procedemento habitual. Logo da operación "Chumbo Fundido" abriuse unha investigación na que se recolleron todas as reclamacións feitas tanto por soldados participantes coma por diferentes ONG´s. O resultado da investigación determinou que, se ben se produciran vítimas civís, debido ás zonas densamente urbanas nas que se levou a cabo o combate, os soldados das FDI actuaron en todo momento co obxetivo de tentar minimizar o número de vítimas inocentes.

.

"Rompendo o silencio" puido remitir as súas denuncias durante o transcurso da investigación para que se tomasen en conta coma todas as demáis e, se non quedaba satisfeita coas conclusións da mesma, podía posteriormente publicar o seu informe explicando en qué non estaba dacordo coa investigación oficial. No seu lugar, o que esta ONG fixo foi agardar a varias semanas despois de que se publicase o informe oficial do Ministerio de Defensa para remitirlle o seu propio informe só vintecatro horas antes de facelo público, sen deixar tempo para investigar os datos aportados. Parécenos importante insistir neste punto; se a ONG tiña vontade real de depurar posibles responsabilidades e de evitar que os feitos que denunciaban, en caso de que tiveran producido non se repetisen, non se entende que non se acollesen ao procedemento habitual. Se os resultados non foran satisfactorios, repetimos, sempre podía facelo público despois.

.

En terceiro lugar, o xornal Jerusalem Post divulga hoxe, 17 de xullo do 2009, unha información sobre o financiamento da ONG que contribúe a aumentar as dúbidas sobre a súa honestidade. Segundo revelaba onte, xoves 16, unha organización baseada en Xerusalén que ten coma obxetivo controlar o correcto funcionamento das organizacións non gubernamentais, a ONG "Rompendo o silencio" está constituída baixo a forma xurídica de empresa, e non coma ONG. A distinción básica é que na lexislación israelí as ONG´s están obrigadas a facer público o listado dos seus donantes para garantir a transparencia, mentres que as empresas non teñen porqué facer pública esta información en todos os casos.

.

Logo de que esta información se fixera pública, "Rompendo o silencio" aceptou divulgar o rexistro de donantes do ano 2008. Entre outros, a ONG está financiada pola Embaixada Británica en Tel Aviv, que donou só o ano pasado 226,589 shekels (41.183 €), a embaixada de Alemaña, que donou 19.999 dólares (14.185,29 €), e a Unión Europea, que abonou 43.541 euros. Evidentemente, estos datos non indican que a ONG actuase coma o fixo para deslexitimar ao exército israelí, no canto de facer unha crítica construtiva, pero o feito de que non fixera pública as súas fontes de financiación ate que foi descuberta, contribúe a despexar as dúbidas.

.

A Asociación Galega de Amizade con Israel quere manifestar que considera as medidas de autorregulación das que o Estado de Israel se dota en todo o seu entramado institucional coma unha mostra clara do seu compromiso democrático. Consecuentemente, se en casos puntuais a actuación dun soldado non se axusta ás normas establecidas, é lóxico que se leve a cabo unha investigación ao respecto. Non obstante, nesta ocasión temos dúbidas, entendemos que fundadas, de que o obxetivo real do informe de "Rompendo o silencio" sexa contribuír a mellorar a actuación das Forzas de Defensa de Israel, senón máis ben procurar a súa difamación


Vigo, a 17 de Xullo de 2009