Catorce congresistas de EEUU –10 demócratas e 4 republicanos– veñen de enviar unha carta ao presidente do Goberno español pedíndolle que tome decisións para frear os "sentimentos antisemitas" que existen en España, algo que según estudos que citan é algo que está en preocupante aumento. Ademáis, cren necesario que o Goberno español faga unha "declaración pública" e tome "fortes posicións rexeitando expresións antisemitas". Para demostrar a situación que se vive en España, os congresistas baseanse en varios estudos realizados nos últimos anos. Así, apuntan a un do Pew Research Center de 2008 no que se apunta que os sentimentos anti-xudeus medraron en Europa ainda que salienta que "a situación é particularmente dramática en España onde as opinións en contra dobráronse nos últimos tres anos, pasando do 25% en 2005 ao 46% en 2008". En outro estudio –da Anti Defamation League (ADL)– apuntase, entre outras cousas, que o 46% dos españois cre que "os xudeus seguen falando demasiado sobre o que lles ocurriu durante o Holocausto". Os congresistas tamén amosan na carta –cuxa autenticidade foi confirmada a LD por fontes de toda solvencia– a súa preocupación pola "continua retórica antisemita" na prensa española "que sen dúbida afecta a percepción pública e contribue á intolerancia e aos actos cheos de odio". Particularmente, refírense a un diario. Din que "ainda que é lexítima a crítica ao Goberno de Israel e as súas políticas", El País publica constantemente artículos e viñetas que transmiten estereotipos anti-israelíes. Asimesmo, apuntan a súa preocupación por algúns informes que sinalan que o Gobern balear "utiliza fondos públicos para publicar material para nenos que conteñen sentimientos virulentamente anti-israelíes". Finalmente, os lexisladores cren que o Goberno de Zapatero –ao que chaman Primeiro Ministro da "República de España"– debería implementar leis antidiscriminatorias que convirta o antisemitismo nun acto criminal, penalizar a negación do Holocausto e crear unha fiscalía especial para situacións de racismo, xenofobia e antisemitismo. Din que nun tiempo no que o presidente Obama busca relacións cos seus aliados para promover a democracia, dereitos humanos, liberdade relixiosa, é importante que España se una a EEUU para combater o antisemitismo. A carta está asinada polos congresistas Robert Wexler, Dan Burton, Eliot Engel, Alcee L. Hastings, Christopher H. Smith, Frank Wolf, Shelley Berkley, Ron Klein, Michael E. McMahon, Carolyn McCarthy, Doug Lamborn, James P. Moran, Steve Cohen e Janice Schakowsky.
Cartacongresistaszp
View more documents from endefensadeisrael.