26/01/09

A TVG conmemora o Día de Recordo das Vítimas do Holocausto




Xemelgas
(De tweeling)

Ano de producción: 2002
Dirección: Ben Sombogaart
Intérpretes: Ellen Vogel, Nadja Uhl, Thekla Reuten, Julia Koopmans, Sina Richardt.
Guión: Marieke van der Pol
Música: Fons Merkies
Fotografía: Piotr Kukla


Co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas da Shoáh, e a petición da Asociación Galega de Amizade con Israel, a Televisión de Galicia súmase coa proxección mañá martes día 27 ás 23:15 horas da película dirixida por Ben Sombogaart "Xemelgas".

Desde AGAI queremos agradecer a TVG pola receptividade amosada e pola sensibilidade a hora de tratar a conmemoración do devandito día.
***
1926. Dúas irmás xemelgas, Anna e Lotte Bamberg, son cruelmente separadas ao quedar orfas. A primeira vai vivir cuns parentes pobres de Alemaña, campesiños, que a explotan nas faenas do campo e declárana deficiente mental. A outra, afectada de tuberculose, fíca coa familia lonxana, acomodada, e sae adiante en Holanda cunha esmerada educación. O triste do caso é que as súas familias as manteñen incomunicadas, e esta forzada separación, unida aos duros avatares da historia co ascenso do nazismo transforman o seu natural agarimo en falta de entendemento. Emotiva adaptación da novela de Tessa de Loo, que combina magnificamente o pasado e presente, este filme holandés foi gañador dun Oscar a mellor película non americana. O director Ben Sombogaart demostra o seu dominio da raro arte do matiz, o saber definir aos personaxes, non condenalos nin absolvelos de modo absoluto. Abórdase así con esquisita sensibilidade a persecución dos xudeus sob o nazismo, e como se viron atrapados nas redes da historia millóns de seres humanos aos que negouselles tal condición.