05/01/09

Panfleto sobre Gaza


É coñecido xa o protocolo de actuación do Exército de Defensa israelí no que advirte aos veciños civís cando infraestruturas terroristas van ser atacadas na súa veciñanza, co obxectivo de que protexan as súas vidas. O panfleto di o seguinte:

Para os residentes na Franxa de [Gaza]

Responsabilizate do teu futuro!

Se estás interesado en axudar ás túas familias e irmáns na Franxa, todo o que necesitas facer é chamar e dar os datos coa localización das lanzadeiras de mísiles e das células terroristas que che converteron no seu refén.

A prevención dunha catástrofe está nas túas mans.

Podes chegar a nós no seguinte número, 02-5839749 ou enviándonos un email a helpgaza2008@gmail.com para facernos chegar calquera información sobre actividades terroristas.

Nota: Comprometémonos plenamente a manter segredo absoluto o teu contacto connosco.