30/01/09

Os testemuños que falan desde Gaza


Por Ana Jerozolimski


Nin sequera é imprescindible escoitar ou ler a quen intenta explicar a posición de Israel, para comprender a verdade do acontecido na Franxa de Gaza durante o operativo "Chumbo Fundido" ou cales son as intencións de Hamas de agora en diante. Abonda con escoitar aos propios palestinos.... a eles directamente ou ás súas declaracións conseguidas por correspondentes estranxeiros que entraron nos últimos días en Gaza. Ante todo, están as declaracións das propias autoridades de Hamas, cuxo ton non mudou para nada. Osama Hamdan, representante de Hamas en Beirut, dixo que todos os intentos de impedir o rearmamento de Hamas serán infrutuosos e que non se deterá o fluxo de armas para Gaza. Polas dúbidas, revelou que apenas se declarou o alto o fogo, Hamas comezou a restablecer o seu arsenal. Ayman Taha, unha das figuras de Hamas en Gaza, dixo este luns no Cairo, que Israel ofrecera unha tregua de dez anos, pero que Hamas non está disposto a máis dun ano ou un máximo de 18 meses. De todos xeitos, tamén iso, con condicións: non aceptan practicamente ningunha das condicións que Exipto lles quere impoñer, entre elas que non se rearmen e que non se acheguen á fronteira con Israel (como fixeron onte coa carga explosiva).
.
Nunha nota do xornal alemán Der Spiegel, o cronista Ulrike Putz citou a un palestino de Beit Lahia, no norte de Gaza, Abu Abed, de 60 anos, quen conta que ao principio apoiara a Hamas, que chegou ao poder regalando mercadurías á xente. Agora, en medio das ruínas da súa casa que fora tomada como base por Hamas, di: "Cambiei de opinión sobre Hamas. Non podo apoiar a alguén que libra unha guerra que destrúe as nosas vidas", comenta, E sinalando os estragos, critica enoxado o feito que Hamas fale de "Vitoria". O xornalista alemán conta que un dos veciños do seu interlocutor palestino sumouse á conversa. "Moita xente está contra Hamas, pero iso non cambiará nada porque se alguén os critica, mátano", declara. Outro dos testemuños que trae na súa nota, é dun palestino que abandonou a súa casa xunto á súa familia ao comezar os combates. Ao volver, en medio dos serios danos da súa casa hoxe irrecoñecible, atopou, no que era o dormitorio dun dos seus fillos, os restos dun home de Hamas que se apostara alí, nesa casa particular, para disparar contra os soldados israelís.
.
No mesmo espírito escribiu días atrás o diario italiano Corriere Della Sera, cuxo correspondente Lorenzo Cremonesi informou desde Gaza. E están tamén os actores na area internacional, que se ben se manifestaron en ton moi crítico respecto á destrución que viron en Gaza, tamén deixaron en claro que a responsabilidade é de Hamas. Louis Michel, Comisionado para o Desenvolvemento de Axuda Humanitaria da Unión Europea, declarou en Jebalya: "Hamas carga coa clarísima responsabilidade pola guerra en Gaza" (usou en inglés a palabra "overwhelming"). Chamando ao grupo, "un movemento terrorista" agregou: "Cando alguén asasina inocentes, non é resistencia. É terrorismo. "Eu digo deliberadamente aquí, que Hamas é un movemento terrorista e debe ser denunciado como tal". Reuters informou que o alto oficial da UE, ausou ao grupo islámico, de ter usado civís como "escudos humanos" situando aos seus grupos operativos en áreas residenciais. Engadiu que os foguetes lanzados durante anos polos terroristas á poboación civil do sur de Israel, serviron como "provocación". Antes de terminar cunha última cita, aclaremos: con todo isto, non pretendemos nin por un momento minimizar o sufrimento dos civís afectados pola guerra, alegar que non hai destrución en Gaza ou que Israel tirou flores e non bombas. Ese non é o tema, en absoluto. Pero entre o feito por Israel na súa ofensiva contra Hamas e a imaxe demoníaca que se presentou das súas accións en diversas partes do mundo, hai unha gran diferenza. Outro indicio claro diso é o gran esforzo humanitario que Israel está despregando para axudar á poboación, tenso finalizado xa as hostilidades. Na fronteira entre Gaza e Israel foi instalado un hospital destinado a prestar asistencia médica. Durante todo o operativo, cabe lembrar, non deixou de entrar axuda humanitaria a Gaza, a pesar dos combates. E apenas cesaron, púidose duplicar a cantidade de camións diarios.
.
Unha proba diso está na carta que enviou a Cruz Vermella Internacional á Chancelería de Israel, concretamente a Eviatar Manor, Subdirector Xeral para Organismos internacionais. Pierre Wettach, Xefe da Delegación da Cruz Vermella para Israel, os Territorios Ocupados e Autónomos, escribiu así: "En nome da Delegación do Comité Internacional da Cruz Vermella en Israel, os Territorios ocupados e autónomos, quixera agradecerlle a Vostede e o seu departamento, en especial á Sra. Simona Halperin e a Sra. Sandra Simovich, pola vosa axuda e soporte durante as tres semanas do operativo "Chumbo fundido" na Franxa de Gaza. Grazas á asistencia e cooperación invalorables da súa parte e do seu equipo, o Comité Internacional da Cruz Vermella foi capaz de cumprir o seu mandato e traer algo de alivio e axuda a aqueles civís atrapados nas hostilidades. O Comité Internacional da Cruz Vermella é consciente dos esforzos que fixeron posible o noso traballo, e os aprecia, contando co voso continuo soporte á acción humanitaria nos territorios ocupados e autónomos".

Publicado en PAZ AHORA