A Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, quere manifestar publicamente á súa solidariedade con Pilar Rahola, vítima de insultos e amenazas intolerables por parte dunha plataforma que co nome de "Aturem la guerra" pretende principiar seica unha guerra contra a liberdade de expresión e de opinión, criminalizando e proferindo serias amenazas coa cobertura das manifestacións de apoio a Hamás. Desde AGAI a nosa total solidariedade con Pilar Rahola.