Imaxes gravadas na vila israelí de Sderot, moi perto da fronteira con Gaza, durante a entrega dunha pomba da paz de Sargadelos na sede da Fundación Sderot. Fundación que atende ás vítimas dos ataques con Qassam contra a vila. 12 mortos, centos de feridos de diversa consideración e unha tremenda angustia diaria que fai insoportábel o día a día desde o ano 2005. Data lembremos na que Israel saiu por completo da Fraixa de Gaza. No video Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI fai entrega no nome da nosa Asociación da figura de Sargadelos.