O escritor e profesor da Universidade Hebrea de Xerusalem, o israelí Gustavo D.Perednik ven de pronunciar onte unha charla-coloquio sobre o Holocausto para alumnos de 15 a 17 anos do Colexio Losada de Vigo nun acto organizado pola Asociación Galega de Amizade con Israel que se pode considerar pioneiro nestes eidos educativos e que terá continuidade con outros semellantes organizados tamén por AGAI. A intensa participación dos estudantes foi o máis salientable do acto que contou con medio cento de rapaces e rapazas que seguiron con grande atención e interese tanto as palabras do profesor Perednik como o coloquio posterior. Ao remate adoptouse o compromiso de entablar pontes de contacto estables entre os alumnos do Colexio Losada e centros educativos de Israel tanto castelán-falantes como anglo-falantes O profesor israelí Gustavo D.Perednik nun momento da charla en Vigo
Imaxe xeral do aula
Imaxe xeral do aula